p/ Alianza Uhía Patiño
Re-Acción
Re-Acción, un grupo de Rock Clasico/Hard formado por 4 rapaces pertencentes á parroquia de Serres. Son: Chema Fernández (14 anos), Antón Vara (15 anos), Xaquín Martínez (16 anos) e Tomás Fiúza (16 anos).
Fórmanse na Escola Municipal de Música de Muros e no Conservatorio de Noia.
Nace coa idea de formar un Coro para a igrexa da parroquia, e nas clases preparatorias de guitarra para eso, xuntáronse e quedaban todas as tardes para ensaiar, pero unha cousa levou a outra, e sin deixar de lado os cantos eclesiásticos, tamén lle dan ao rock.
Tocan guitarras acústicas (que tamén teñen feito concertos acústicos) pero onde millor se sinten é coas guitarras eléctricas, e dende que entran na Nasmo e a incorporación de Chema (que foi a última fichaxe) xa se sinten coma peixe na auga.
Como Re-Acción tocan por primeira vez nun festival benéfico organizado pola Nasmo a favor de Cáritas e aí foi o seu verdadeiro despegue, con 12 aniños!
Daí aos locais da zona e pouco a pouco deixando as versión para ir compoñendo temas propios. Concertos moitos e no verán de 2013 a actuación no Asaghieiras Master Festival, que foi unha ilusión cumprida. Un gran equipo de son cos técnicos pertinentes, o escenario, o público, o cartel das bandas … todo era coma un soño.
A día de hoxe seguen con concertos en concursos de bandas coas mesmas ilusións e gañas de aprender, aínda que recoñecen que é difícil de manterse xuntos pola falta de tempo cos estudios, polas disferencias de ideas e polo afán de protagonismo que poden ter co público os músicos. Pero, que se respetan e dialogan moito e recoñecen que nun grupo todos son iguais de importantes … por todo isto, temos Re-Acción para rato.