p/ Alianza Uhía Patiño
SoZios a la Fuerza (Tributo a La Polla Records)
SoZios a la Fuerza son unha banda que versiona ao mítico grupo Punk dos oitenta “La Polla Records”. Todos de Muros:
Luis (36 anos) – Batería
Moi (37 anos) – Guitarra e coros
Pedro (29 anos) – Guitarra solista
Ángel (28 anos) – Voz
Pedro «Txokobo» (24 anos) -Baixo e coros
A formación musical de cada un é escasa, son autodidactas e tocan de oído, agás Txocobo, que se preparou na Escola de Música de Muros algún ano.
SoZios a la Fuerza comeza no 2010. O consello dun colega (Germán dos TPSC) e a apertura da Sala Nasmo foron os detonantes para que este proxecto saíra adiante.
Amigos de sempre (Luis, Moi, Pedro e Ángel) cunhas guitarras e un baixo comezan quedando e tocando un par de cancións da súa banda fetiche, e cada vez, a cousa sona millor e os temas fanse máis numerosos. E entra Txokobo co seu baixo, para que Luis se dedique á batería.
O tempo xa se lle quedaba escaso, e coa colaboración de amigos conseguen “facer” o seu local de ensaio, e así, pouco a pouco … van cinco anos de alegrías.
Agora, 30 anos dispois de que Evaristo Páramos (cantante de La Polla Records) gritara verdades que non gustaban, estes muradáns seguen enviando a súa mensaxe a todos/as os que a queiran escoitar.
Levan 5 anos xuntos e non teñen pensado calar, pero recoñecen que hai moitas dificultades para manterse xuntos, primeiro pola escasa axuda (que a pouca que hai, vén de parte de particulares coma os membros de Trapos Sucios, Juan, Jorge, Alterkado, Consuelo, a Sala Nasmo e Juan especialmente e moitos outros …) e logo porque xa todos teñen unha vida encamiñada e con obligacións de familia, traballo e parella … Isto é un hobbie, pero un dos que enche moito!
Non hai maquetas nin discos grabados porque fan versión, pero o que sí hai é unha grabación na Nasmo coa que se fixo o vídeo “Así es la vida”, que máis abaixo poño o enlace.
Concertos??? Moitos, máis dos que pensaban eles cando empezaron … O primeiro foi nun organizado pola Nasmo no 2010, e logo subiron a escenarios variados por toda a xeografía galega: Carnota (Bar Praia), Gures (festas patronais), Muros( carnavais, CasteloRock, festival Sala Nasmo, Festas de San Roque, Pozo do Cachón, A casa da churra), Louro( Praia San Francisco), Lariño (Asaghieiras Master Festival), Carballo( Sala A Reserva), Redondela (Festival VentoRock), Goián, Tuy (Festival Taiña), Xinzo de Limia( Sala Urban Place), etc.
As aspiración destes chavales non son moitas como músicos, pero sí reivindican que se valore o traballo dos músicos tanto profesionais coma non profesionais. Que botan moito tempo nos ensaios, moitos cartos no material e moitas ilusións nos concertos. Que o fan por gusto pero que hai moitos locais que se aproveitan dos que empezan e que ninguén traballa polo amor á arte, nin sequera os artistas.
E para rematar, déixovos unhas fotos e uns enlaces para que os poidades ver en plena acción.
Facebook, https://m.facebook.com/SoziosalaFuerza?__user=1329931162
Youtube, http://youtu.be/Izscmk-rC_w
http://youtu.be/WoeFwUz_4R0