p/ Nieves Formoso Vidal.
Fotografía: José M. Formoso Luces.
En tempo de Nadal todo é festa, pero acompañada de certa melancolía que nos ven da lembranza dos familiares que xa non están entre nós. É tempo de xuntanzas familiares; de recordos tempos pasados; de aporías de tempos fuxidíos.
O Nadal encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sen preguntarnos, moitas veces, que significado teñe
n no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas.
Típicos do Nadal son elementos ornamentais como o nacemento, a árbore ou a estrela; o acibro na porta, e como non, (na nosa terra) o bacallau con coliflor o dia de noiteboa e o cocido o día de Nadal. Tamén acontecementos como a chegada de Papá Noel, os Santos Inocentes, a celebración do Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos e con eles os regalos para novos e maiores.
I é que o noso Nadal non é moi diferente a outros, pero nos últimos anos incorporamos costumes que aínda parecendo alleas son mais nosas ca de ninguén, como a costume de vestirse con roupa de cor vermello. Descoñécese propiamente a orixe desta tradición que se sitúa na Idade Media cando case todo estaba reprimido e prohibido, sobre todo nas clases sociais máis baixas. Na antigüedade relacionábase a cor vermella co demo, o sangue e as meigas, polo que se chegou a prohibi-la prantación e o consumo de productos de cor vermella coma os tomates e os pementos, entre outros; así como vestirse con roupa vermella
Sen embargo, no inverno, cando a natureza semella morrer debido ás xeadas e ás neves, o vermello simboliza o sangue e a vida. Por iso, como estaba prohibido e as xentes pensaban que levar un símbolo de vida traía boa sorte, optaron por levala agachada baixo a vestimenta, imprantándose a tradición da roupa interior vermella en tempo de Nadal, ata os nosos días. Curioso verdade?. Pois que ninguén nos diga que é unha costume extranxeira.
Nadal, nadaleiro… (que podería escribir o bardo), pero con il, co noso ancestral Nadal, a lembranza de avós, fillos, netos… xuntos a carón do lume onde, (según os mais vellos), tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto coas panxoliñas, as esmolas aos máis necesitados e outras, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe conservamos.
