Tiña eu 16 anos…

p/ Jorge Lago Rama

Tiña eu 16 anos e acababa de regresar do Uruguai. Despois dunha ausencia de catro anos, os cambios facíanse notar.  Atopeime a un Muros con mozos ansiosos de innovarse e facer cousas, parecía que todos estábamos contaxiados polo desexo de expresar algo, de facernos notar e tamén de buscar como matar o aburrimento invernal.

Na España daquel entón xa se vía na tele as cabalgatas que se facían en Madrid e outras cidades e supoño que iso serviuImagen1 de inspiración para que unha persoa como Juan Jesús Gestal se metese de cheo como adoitaba facer con todo, á difícil empresa de empezar de cero e crear a cabalgata de reis muradá.

Se mal non recordo, por aquel entón, Gestal xa recrutara a un bo grupo de mozos e mozas para establecer un grupo teatral que tivo un gran éxito e creo que foi por mor diso que anticipou a posibilidade de crear o gran escenario que comprendía dende a casa do Cabaneiro en Buenavista, ata o balcón do concello.

Como poderedes imaxinarvos, e sendo neófitos en case todo, é asombroso que o resultado da primeira cabalgata póidase catalogar de case apoteósica, aínda que iso debésese máis á improvisación que aos recursos que dispoñiamos.

Cómo podiamos vestir adecuadamente aos reis, paxes, soldados romanos, etc., etc.? Pois  improvisando e recorrindo aos poucos medios dos que dispoñíamos. Aí veu a autoridade e acertamento de Gestal,  poñendonos a buscar e conseguir material a todo o equipo participante e digo poñéndonos a buscar e conseguir, cunha man férrea que envexarían moitos xenerais.

Conseguir cabalos naquel entón era loxísticamente imposible, aínda que o tentamos tenazmente, pero non puido ser. Dada a imposibilidade, tivemos que conformarnos con usar un camión que se non me equivoco, foi o Ghaldrán. Alí, nunha plataforma puxéronse tres cadeiras de brazo de raso vermello, prestados polo concello a modo de tronos. O efecto ademais de cómodo foi práctico pois os “reis” podían repartir caramelos e chucherías a destro e siniestro sen medo a caerse do cabalo.

Acabamos tendo material dabondo, posiblemente non o máis adecuado, pero usable.

Como capas improvisouse o uso de colchas de damasco, daquelas que se poñían nos balcóns nas procesións a falta de bandeira nacional. Conseguíronse retales de cores rechamantes doadas pola tenda de Milagros, de María de Ventura de dona Micaela, Manuela de Jerpe e outras moitas que, contaxiados polo entusiasmo xuvenil de tal empresa, prestáronse a colaborar cunha certa complicidade de querer saber ata onde podiamos chegar aqueles que sen rubor presentabámonos pedindo e dicindo: isto vaise facer.

E fíxose.

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Revista TMT y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s