p/ Alianza Uhía Patiño.
5 compoñentes:
Lalo (31, guitarra)
Tucho (26, baixo e coros)
Pablo (21, guitarra e coros)
Carlos (25, batería)
Dani( 27, voz).
Todos eles sen formación previa, autodidactas e de bo oído.
Zeros comezou como unha forma de diversión entre 5 de amigos de Louro (Muros), que compartían o gusto musical e que se xuntaban para ensaiar e tocar, versionando aos seus grupos favoritos; Rosendo, Barricada, Los Suaves, Platero y tú… Pouco a pouco convertiuse en costume, ata que no verán do 2013 lle deron a oportunidade de amosar o que estaban a facer e que tanto lles gustaba. Á xente que acudiu gustoulle o que escoitaba e así llo transmitía a eles, así que foron aumentando o repertorio e comenzaron a traballar en temas propios, no que se notan as referencias citadas anteriormente.
Nese mesmo verán tocaron no Asaghieiras Máster Festival, compartindo escenario con grupos xa consolidados. Foi una experiencia increíble para eles, e a partir de aí, abríronse algunhas portas nos pobos veciños e non tanto… Concertos en Carnota, Corcubión, Santiago de Compostela…e Muros. Tocar no Castelo Rock 2014, compartinco escea con Terbutalina, o Caimán do Río Teo e Los Suaves, foi para eles o evento máis importante e máis lembrado ata o día de hoxe, pero seguen a traballar nos propios temas (gravados nunha maqueta na que se identifica o noso estilo, que é o que nos gusta facer, e o camino que queremos seguir).
As expectativas destes mozos é seguir e avanzar, mover a maqueta e seguir tocando en festivais, salas, pubs … ao longo da Comunidade, e porqué non, mais alá.
Agradecen este artigo e aproveitan para mencionar a certas persoas sen as que sería imposible que este proxecto saíse adiante, entre eles, Naso do Xeixo, Jaime de Cacho, Marcos, Javi, familias e parexas, e como non, a Juan da Nasmo polo seu tempo, coñecementos e paciencia.
Déixovos o seu enlace de facebook, www.facebook.com/ZEROS , onde poderedes ver fotos do grupo e videos dalgúns concertos.
No twitter: @info_zeros