Monte Louro e Lagoa de Xarfas

p/ Elixio Vieites.

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Muros  –  Parroquia: Santiago de Louro—Lugar: Louro  –  Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:  O Lugar de Interés Comunitario está formado por unha fronte costeira de mar aberto, de perto de 15 km. de lonxitude, limitada por Carnota e o extremo noroccidental da ría de Noia e Muros, no que alternan tramos de costa rochosa e baixíos como Os Forcados, Anguieiro e A Insua, parte dos cales están propostos como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro . Tamén ten grandes praias de coios e areais, incluíndo sistemas dunares ben conservados, unha lagoa litoral e unha impresionante elevación rochosa. Todos estos elementos conforman unha área de gran beleza paisaxística e natural, en particular o complexo de barra litoral e as dunas. O Monte Louro é un “inselberg” ou afloramento rochoso illado constituído por granito de dúas micas, situado no extremo sur do LIC, que se eleva abruptamente sobre unha plataforma de abrasión ou rasa, ata unha altura de 239 m. A área, foi cualificada Punto de Interese Xeolóxico (PIG C-116). Na punta desta península Imagen2está o Faro de monte Louro, e nos dous cumes máis altos os restos da Capela da Madalena e un punto de vixilancia, “A Garita”, que dan nomes os seus respectivos outeiros . O pxom de Muros contempla dous petróglifos e un concheiro na zona de “Os Mouros”, e a referencia de Rey Castiñeiras dunha zona que pola toponimia (Os Profundos, Eira dos Mouros…) podería albergar algún tipo de asentamento ou abrigo. Tamén Imagen3.pngestivo en outro tempo, no entorno do Faro, o Forte de Monte Louro, que fora construído no ano 1520 por orden do arcebispo D. Alonso III de Fonseca para defender a enseada de Louro dos ataques de piratas e invasores, e que estaba considerado como o punto defensivo máis importante de Muros, chegando a contar en algún tempo con dezaseis canóns.
Uso actual: Forestal
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Tradición oral:  O folclore de Louro garda lembranza dunha vila afundida da que se escoitan as campás e ademais sinala un grande burato na aba do monte, coñecido como “Os profundos de Monte Louro”, no que habería un tesouro custodiado por un boi que brúa nas noites de temporal.
Neste conxunto dáse a dualidade que se repite no imaxinario do pobo galego: lagoa-monte . Tamén a construción da ermida da Madalena nun dos cumios do monte, tendo ao pé os vestixios do asentamento dos Abrigos de Monte Louro, poderían responder á cristianización dun lugar de lendas ou rituais pagáns.   Un refrán:  A xente da zona sabía cando ía  chover polo  tipo de sombreiro de néboa que se lle poñía a Montelouro.  “Cando Montelouro ten touca, chuvia, ..moita ou pouca”
Referencias bibliográficas:

Imagen4.png

As Montañas De Galicia, Enrique Vélez Barrio. Mª Carme Pereiro  Edicións Xerais de Galicia,S.A. ISBN: 84-7507-763-5  –  Webs

http://ruc.udc.es/bitstream/2183/8711/1/CC39art3ocr.pdf  –  pax 3

Haz clic para acceder a 22396CA004.pdf

(pax 13 e 15 para os petróglifos)

Haz clic para acceder a 22396CA008.pdf

(pax 9 e 11 para concheiros e abrigos)

Afeccións: 

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo

Onde está localizado: Latitude: 42.7453103278
Lonxitude: -9.08629417419

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s