p/ Alianza Uhía Patiño.
TRAPOS SUCIOS
Falar de TRAPOS SUCIOS xa son palabras maiores, posto que estes muradáns chegaron e están a chegar moi alto. Grupo de rock por excelencia.
Comezan xuntándose no ano 2002 nun piso vacío dun dos componentes, Juno, que máis tarde, por motivos laborais e persoais ten que deixar o grupo. Na actualidade segue o resto xa con estudio propio e moito traballo ao lombo.
Son Germán Mosqueira (canta), Ricardo Mayo, Kaio (guitarra), Denís Lamela (guitarra); Manolo Romero, Tararo (baixo) e Pedro A. Lago (batería).
A ilusión compensou a falta de experiencia e, despois de moito traballo, logran gravar, no ano 2006, a súa primera maqueta: “En un lugar olvidado”.
Pechados no estudio, enfráscanse na gravación dos 12 temas que formarían o seu primeiro disco, en xuño de 2007, “¿Y tú qué opinas?”, que contou coa colaboración dun número un da música en Galicia, Javi Maneiro (O fillo da necha), cantante de Heredeiros da Crus e Jabon Blue.
A mediados de 2008 gravan unha maqueta de 4 cancións da que se regalaron 1000 copias en adianto do que sería o seu segundo disco en estudio, “Con el agua al cuello”, sacado á venda en xullo de 2009 e distribuido en toda Galicia.
Trapos Sucios compartiron cartel con grupos da talla de Rosendo, Barricada, Barón Rojo, Porretas, Gatillazo ou The Lokos e colaboraron no seu directo artistas da talla de Charlie (baixista de Los Suaves).
No ano 2008 quedan 4º clasificados no concurso «A polo ghit» que organizou a Radio Galega e proclámanse campeóns do «I concurso de rock da deputación da Coruña».
En 2013, despois de moito tempo preparando o seu seguinte traballo e apartados dos escenarios, presentan «Idiocracia», 12 novas cancións coas que iniciaron un novo período de concertos.
Pensando no novo proxecto, non deixan de tocar e mostrar as súas gañas e a súa ilusión alá por onde van.
Teñen páxina web propia http://www.trapossucios.com onde se pode consultar todo o relacionado co grupo: noticias, concertos, fotografías, videos, letras, escoitar a súa música… e incluso descargar gratis os discos e maquetas.
Déixovos este enlace que é dunha entrevista sonora bastante recente nos últimos minutos do programa do festival rock in río tea http://www.ivoox.com/4077616
E estoutro que é dunha entrevista algo máis antiga, escrita pero moi completa http://musicaengalego.blogspot.com.es/2012/10/entrevista-trapos-sucios.html?m=1