O Brasón da Capela do Carmen

Textos: Don Ramón de Artaza Malvarez

 Na fachada da capela da Virxe do Carme, encóntrase este escudo gironado (oito cuarteis). O primeiro cuartel Maldonado ou Rúa; o segundo cinco  follas verdes de figueira en ouro, que fai referencia ao apelido Figueroa. Solar xunto ao capela-do-carmen.pngponte de Sarandones en Abegondo, preto da Coruña. As cinco follas débense a liberar certo cabaleiro a cinco doncelas do poder dos moros que as levaban como pago do tributo das cen doncelas e por ter unha figueira na casa, en memoria de gañar esa batalla, usaron estas armas os descendentes; o terceiro descoñecido; o cuarto son as armas do apelido Feijóo, escudo en vermello cunha espada de prata coa gornición de ouro e a punta do seu fío cara a arriba e tres roeles de ouro a cada lado. Outros en lugar de roeles poñen feixes de vimbio verde. Solar no val de Ramiras, xunto a un Priorato de Santa Comba, que é da casa de Celanova. É nobre e antiga, descenden da Casa e familia de San Rosendo. Tivo moitos cabaleiros de ordes e grandes ligazóns. O quinto Romero, armas xa descritas; o sexto pode ser Bermúdez, escudo jaquelado de ouro e sabre, bordadura do mesmo metal, cargada dunha cadea de azur. As armas primitivas desta antiga e nobilísima casa de Galicia foron: Escudo jaquelado de ouro e sabre (negro). O sétimo pode ser Abalde ou Carantoña, nunha das súas variantes; o oitavo Pardiñas e o do centro, descoñecido.

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s