Os nosos fotograf@s

Carlos París Romero
Nunca foi tan fácil sacar fotos.  Da man do home, a tecnoloxía fotográfica superouse a si mesma Imagen24.pnge foi quen de converterse nun fiel aliado que acode presto á chamada; pero con todo a man do home segue sendo imprescindible para captar momentos únicos que so o corazón pode ver.  O muradano Carlos París é un dos moitos afeccionados muradáns que retrata algo que el quere con paixón: o mar; un mar que el capta en diferentes momentos do día, arrincándolle unha beleza de cores que nunca se repiten. E tamén, coa luz da noite, da noitiña, da anoitecida, do asexo, do amanexo, da alborada, da lusada… Carlos dalle a súas fotos unha vida diferente.  Carlos e  o mar son un todo un, por ilo as súas fotos teñen alma; un alma mareira que transmite a serenidade do infinito.

 

 

Esta entrada fue publicada en Os nosos fotografos y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario