Un Contiño Rabelo: NIN REN, MEU FILLO

p/ José María García Rodríguez.

A señora Xusta era moi velliña e gordecha. Tiña a pele queimadiña do sol e na cahola ficáballe un pouquiño de cabelo, moi branco. Tapábase cun mantelo de cóor. Viña os sábados a casa de meu abó, porque era día de esmola. Eu era un cativo de moi pouquiños anos e levantaba poucas cuartas do chan.

Todolos probes sediábanse na porta a esperar. Os máis deles humildosos e cando baixaba meu abó, recibíano coas puchas na man. Pro a señora Xusta, non. Nunca saberéi por qué, rubía as esqueiras e paseniño, paseniño, chegaba a cueiria. Imagen2.pngSentábase nunha cadeira, até que viña calquera da casa. Podía ser meu abó, podía ser miña nai, poidera, ser eu mesmo. Destoncias, denantes que a visen, erguíase, e iña pra un corruncho, e logo poñíase a dicir:

—Caio, caio, caio, coa fame… Caio…

E iña camiñando a radeira, hasta a misma cadeira onde estaba e deixábase sediar nela espatuxada.

—;Ai, miña probe señora Xusta decíamoslle. será que vostede non manxóu cousiña quente nin onte nin hoxe?

—Non papéi ren, meu filliño. Nin ren.

E cando dicía «nin ren» metía na boca a unlla do dedo groso da man direita, e cun dentiño que ainda retiña nela, facía un ruidiño que soaba coma a «tic», e con cada «tic» borbollaba, «nín ren, nin ren».

E viña miña nai e collía a garfela de servilo caldo e botáballo nunha cunca de barro. Facía a señora Xusta sentadoiro da repisa da mesma lareira, ao quentiño da labarada na ínvernia; leváballe eu un boeado de pan de boroa que ela metía, en anaquiños, no caldo, pra que estivase mol e non lle dése traballo as cansada enxivas.

Dicíanos «Deus llo paguiño». Alimpábase a boca coa boneca do brazo direito e iña paseniño, pra porta, a xuntarse cos demáis probes, aos que meu abó lles daba un can, ou can e cadela, ou dous cans aos máis vellos e algunha peseta aos que lles dicían «probes vergonzantes», que non ousaban pidir iestaban lonxe fora do curro da casa, encostados nunha parede que lles axudaba a sostéla fame. Que ises sí que non tiñan nin, ren, malpocados.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s