As Igualas Médicas en Muros.

p/ Manuel Lago Álvarez

A sanidade de agora nada ten que ver coa doutros tempos. Nos andares dos días que nos tocan, nunca tan fácil foi acceder á prestación dos servizos médicos.  Unha chamada telefónica ou uns clips no teclado do PC, son capaces de dicirnos día e hora para que un galeno nos atenda, e co seu saber nos alivie dos males de corpo e mente.

E moi pouca a documentación que existe nos arquivos municipais de Muros sobre os asuntos relacionados coa sanidade.  Como moito, algúns acordos nas Imagen1.pngactas capitulares dos séculos XIX e XX e algunhas outras referencias recollidas na hemeroteca do arquivo de Galicia, aínda que, a existencia de dous pequenos hospitais en Muros (o lazareto da Virxe do Camiño e o Hospitalillo da Trinidade, extramuros da Vila), dan conta de que a poboación de Muros estaba, -dalgún xeito-, atendida no sanitario.

No ano 1813, publicouse unha normativa de réxime local que obrigaba aos concellos a atender como materias fundamentais a hixiene dos pobos  (limpeza das rúas e prazas, mercados, hospitais, cárceres e casas de caridade ou de beneficencia), o saneamento dos focos de infección e a policía sanitaria mortuoria, etc.  Como tantas veces, unha cousa e lexislar e outra aplicar.  Dez anos despois, (1823), voltase a lexislar, e tanto do mesmo.  Non foi ata o ano 1836, durante a rexencia de María Cristina e mediante un Real Decreto de 15 de octubre de 1836 (Gaceta de Madrid, 21-X-1836) «se restablece en su fuerza y vigor la Ley de las Cortes de 3 de febrero de 1823, relativa al gobierno económico-político de las provincias», que asignaba aos concellos, no seu artigo 1º, igual que a súa antecesora, a Instrucción… de 1813, a policía de salubridade e comodidade. Nembergantes, a rehabilitada Instrucción… contén unha importante novidade, indica aos concellos, no artigo 12, que deben procurar contratar a un facultativo ao menos para a asistencia dos pobres, financiando os seus servizos cos fondos do municipio e, no suposto de que tamén atendera ao resto dos veciños, se lle retribuiría cos recursos obtidos das ‘igualas’.

En cumprimento do lexislado, o concello de Muros en sesión de 20 de xaneiro de 1842 acordou convocar as prazas de “médico y sangrador”, “para que asistan a aquellos pobres y pudientes de todo el vecindario de esta Villa y sus arrabaldes” , fixando como pago a cantidade de 3300 reais anuais, ordeando a publicación doImagen3 anuncio no boletín oficial da provincia.   Pasados algúns meses (o 31 de octubre de 1842) o concello aproba un regulamento mediante o cal estabreceronse as obrigas de médico e pacientes.  Deste regulamento chama a atención o feito singular que permitía aos doentes discutir co médico tanto o diagnóstico como o tratamento proposto polo galeno.

En 28 de agosto de 1843, o concello acordou que o nomeamento de médico recaese na persoa de Don Domingo de Lago y Domínguez, veciño de San Mamede de Carnota.  O contrato firmouse o 1 de setembro do mesmo ano e nel recollese o tratamento de “cirujano” para o profesional contratado.

E foron pasando os anos, e o médico atendendo a “pobres y pudientes”, pero en 31 de de decembro de 1848, o cirurxán titular, Don Domingo de Lago y Domínguez presentou no concello un escrito no que dicía:  “que no pudiendo subsistir por más tiempo con la dotación que le está asignada, como ya antes de ahora lo tiene hecho presente, se vio en la necesidad de buscar otro punto de más bueno, y repetidamente pudo conseguir el de San Mamed de Carnota por la cantidad de 9000 reales anuales.  El que habla no puede por menos de manifestarlo así a los corporativos bien por quedarse libre desde luego vacante la plaza o bien por si se acuerda pagar al exponente la misma cantidad de 9000 reales anuales, pues en este caso prefiriese este punto”.

Pódese supoñer que a reacción de “pobres y pudientes”, aos que o médico atendía foi a de verse sen médico per secula, xa que o concello non dispoñía de fondos para facer fronte aos 9000 reais que o médico solicitaba para seguir facendo o seu traballo en Muros, foi a de movilizarse e adoptar a medida de comprometerse a complementar o soldo do galeno, para que o médicoImagen4 non abandonase Muros e  os deixara sen os seus servizos, sendo así que o médico Dr. Dominguez, novamente, en escrito dirixido ao concello o 16 de febreiro de 1849, manifesta:  “Los vecinos del Pueblo agradecidos de lo que representa se han reunido para formar entre sí una suscripción, de modo que con este aumento ya no existe el motivo en el que el que suscribe se apoyaba para hacer esta renuncia. Por lo mismo la retira sin exigir del Ayuntamiento otros emolumentos que los que siempre se le han pagado”.

Non se teñen datos do importe que cada casa da Vila e arrabaldes tivo que pagar ao  médico en concepto de “iguala”, xa que sendo un trato entre os veciños e o médico o concello non interviña no reparto da cuota que cada casa con fume tiña que aportar.  Un dato a ter en conta é que o padrón de habitantes aprobado polo concello o 12 de febreiro de 1842 recollía un total de 1362 veciños e 6262 almas, no total do concello.  A parroquia de Muros contaba con 549 veciños e 2278 almas.  Distribuíndo o importe da iguala (5700 reais) entre o número de veciños (549), danos que cada veciño debería aportar arredor de 11 reais ao ano, que de seguro serían algo menos ao participar tamén da iguala os veciños dos arrabaldes.

Tampouco se teñen datos do tempo que o cirurxán  Don Domingo de Lago y Domínguez, estivo prestando os seus servizos en Muros.Imagen2.png Un dato a ter en conta e o do anuncio do concello de Muros, na Gaceta de Madrid, de novembro de 1873, polo que se fai pública a vacante de médico-cirujano.  Neste anuncio explicase que a praza está dotada con un haber de 1000 pesetas ao ano, que non reais. (A peseta como unidade monetaria naceu  o 19 de octubre de 1868, por decreto do Goberno Provisional logo do derrocamento de Isabel II.

No anuncio explícase o seguinte: “y además la igualaImagen5 de todos los vecinos pudientes, según costumbre que se viene practicando”. O anuncio leva data de 18 de novembro de 1873 i está asinado polo entón alcalde Don José Fernández.

Pasando os anos o concello continuou coas súas facultades para nomear os médicos i estes co dereito a cobrar as igualas como complemento ao salario acordado pola corporación. Esta norma das igualas continuou aplicándose ata principios dos anos oitenta do século anterior.   No anecdotario destes acordos, escribirei pronto sobre o acontecido nos primeiros anos do século XX co nomeamento dun terceiro galeno, e a polémica que se suscitou cando foi destituído ao cambiar a correlación de forzas na corporación municipal.

 

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s