p/ José María García Rodriguez
O millor periplo mariñeiro de Muros, disque foi o de Zafacoquiña, alcume que non séi o qué quer dicir. 0 caso e que se fixo patrón de’costa. Encomendáronlle un barco de dous paus pra facer unha viaxe a Vigo. Marcóu a data. Era no inverno. Resultóu un serán de todo los demos, con -chuvia, treboadas e unha borralleira que nin o lume do faro se vía. Pidíronlle que non embarcara. Non fixo caso. Era o patrón, ¿ou non? Estaba graduado. Sabía o que tiña que facer. Chegarónlle os mariñeiros cubertos con roupas de auga que nonas poideron sacar de enriba.
Mandóu rubir ancoras, izar velas. Púxose ao timon. A xente Ile dicía: «Deus che guíe» e il engadía: «Amén». Os salseiros entraban no barco. Barríano. O home que iba na proa, amarrouse ao pau maior, non fora que o levase o mar. O barco fendía as ondas, escorado pola banda de estribor. Runxía. Bruaba o vento. E Zafacoquiña de pe, no timón. Unha volta, outra. Imos en bulina. Agora un largo. ¡Mar aberto!
—Trincade os foques, mandóu Zafacoquiña.
Non faltaba máis. De sócato berróu o patron:
—¡Ancoras embaixo! ¡Fondo que estamos en Vigo! Todo o mundo a durmir até mañán…
E durmiron e despertaron. Estaban…
—Isto e igualiño a Muros, dixo Manoliño o grumete.
—Non e igualiño… ¡E Muros!
Zafacoquiña puxo unha tenda na Praza do Cristo, onde cando eu era meniño comprábamos soldadiños de chumbo.