Os enterros na parroquial de Muros.

p/ Manuel Lago Álvarez

Dende os primeiros anos do cristianismo foi sempre de piadosa costume soterrar aos fieis defuntos en sagrado, sendo o interior dos  templos o lugar escollido como o máis apropiado.   Co paso dos séculos e co aumento da poboación os Imagen1.pngtemplos quedáronse pequenos pasando a usarse como necrópoles os adros das igrexas.   O soterramentos dentro dos templos quedaron exclusivamente reservados para aquelas familias que podían pagar a beneficio da “´fabrica” das igrexas as cantidades que establecesen as parroquias.

No caso de Muros ao ser o Concello patrono da Colexiata e da parroquial, era este quen dispuña o prezo da ocupación.  Así, en documento municipal de 1º de abril de 1780, recollese  o seguinte:

“Copia del arreglo que Su Merced la Justicia y Regimiento de la Villa de Muros –como patrono de ambas iglesias Parroquial y colegial- hizo de las sepulturas de ellas en 1º de abril de 1780:

<Adviértese de que en la Parroquial se hallavan siete filas de sepulturas hasta llegar al arco de la Capilla Mayor, y que,  por la primera fila que se hallase al bajar las escaleras de la puerta principal, se deberá pagar, reales 8

Por la segunda 10

Por la tercera 12

Por la cuarta 14

Por la quinta 16

Por la sesta 18

Por la septima, junto al arco principal, 20.  Y las de la Capilla Mayor, aunque sea con licencia de la Sra. Justicia y Regimiento, deberá pagar cada una, 44 reales.>

<<Del propio modo se hallavan en la Colegiata que llaman de cajón y moda hasta llegar al rejado de piedra que está debajo del arco principal de la Capilla Mayor, siendo la primera fila de dichas sepulturas la que se encontrase primero al entrar por cualesquiera de las dos puertas, que por ella se deberá pagar, reales, 12.

Por la segunda 12

Por la tercera 14

Por la cuarta 16

Por la quinta de junto al rejado de piedra 20

Y por las de la Capilla Mayor, con la referida licencia de la Justicia, 44.

Advirtiendo que en la dicha Colegiata y quasi debajo del arco de la Capilla de las Animas, que mira al cuerpo de dicha Iglesia, se hallarán algunas sepulturas para Párvulos y por cada una de ellas se deberán pagar Rs. 8 >>.

Ademais destas sepulturas –chamemos de “común”, pero de pago– había outras especialmente ubicadas e que eran destinadas a albergar os restos mortais de persoas de certa relevancia social.  Polos anos de 1560, Dona Inés Imagen4.pngRodríguez, viúva de Sancho López de Ozconez andaba en preito co Concello. A lea viña de que esta viúva consideraba que a sepultura onde fora soterrado o seu defunto marido, (dentro da Colexiata) era da súa propiedade.  O sempre lembrado muradán, Don Manuel Fabeiro Gómez, no seu libro “Páxinas Históricas de Muros”, ao transcribir as actas capitulares do ano 1560, fai referencia a estes feitos, sinalando a intervención decisiva para a resolución do litixio, do Visitador e Provisor da cidade e Arcebispado de Santiago, Dr. Carriazo, que na súa visita inspectora a Muros do 16 de abril de 1560, estando na Colexiata, comprobou  (“bisitó e bido por vista de ojos”), que a sepultura onde estaba soterrado o citado Sancho López de Ozconez, estaba situada enrriba “de las trades del altar al pie del Evangelio debajo de la lámpara”, e que fora soterrado naquel sitio de privilexio debido a que Sancho López de Ozconez fora xuíz da Vila, e que por tal honra, os herdeiros non pagaran cantidade algunha.  O Dr. Carriazo dispuxo que o lugar que ocupaba a sepultura era propiedade da Igrexa, e que os ósos do defunto continuaran alí, sen que nin viúva nin fillos nin descendentes tiveran dereito á posesión do espazo ocupado.

De datos extraíados dos libros de difuntos, aparece como a última persoa soterrada dentro da Colexiata de Muros, en data de 9 de agosto de 1830, o prior da mesma, Ldo. D. Juan Antonio Calderón, falecido aos 85 anos de idade.  A anotación de defunción recolle que foi sepultado na Colegiata, a “duelo”.

A día de hoxe, na Colexiata só se conserva un sartego que conten os restos de D.Lourenzo Afonso, falecido no ano 1410, e que fora “procurador” Imagen2.pngda obra da Colexiata.  O sartego atópase baixo o arco gótico dereito do altar maior e conservase en moi bo estado. (NB.: Lourenzo Afonso, mercader, aparece citado nun documento de  data 22 de novembro de 1407, que se atopa entre os que forman parte do libro da “Luminaria de San Pedro e Santa María de Muros”, e no que como executor dos bens de Pero Yanes Neto, manda que coas rentas dunha horta propiedade do finado Pedro Yanes, se alimente a luz da igrexa de San Pedro).

O enterramentos dentro das igrexas traían consigo o problema da insalubridade dos templos, debido a descomposición dos cadáveres, que aínda soterrados, provocaban o que en séculos anteriores denominaban “miasmas” (vapores procedentes de cadáveres que corrompían a atmosfera e provocaban enfermidades nas persoas que os inspiraban).

Foi durante o reinado do Rei Carlos III e debido a unha progresión de epidemias, entre elas unha na Vila de Pasaxes no ano 1781, da que morreron 83 das 120 persoas que alí vivían, epidemia que se atribuíu ao “fetor intolerable que exhalaba la parroquia de aquel pueblo por los muchos cadáveres allí sepultados”, por elo, e vistos outros moitos casos noutros pobos de España, o Rei, por Real Cédula de 3 de abril de 1787, dispuxo que se prohibise os enterramentos dentro das igrexas, dando instrucións para que se construísen cementerios lonxe das poboacións e que estes estiveran abicados en lugares ben ventilados, e de contrario as poboacións en relación aos ventos dominantes, para libralas canto se pudese das perigrosas “miasmas”.

As autoridades locais, lonxe de obedecer as ordenes do rei, fixeron caso omiso, e seguiuse enterrando nos templos, co consentimento de párrocos e priores que querían seguir conservando o dereito a ofrecer “sepulturas de dignidade” para aqueles que puderan comprar este dereito. No ano 1857, de novo unha Real Orden insistía na creación de cemiterios nos 2655 pobos que carecían deles. En 1888, aínda que xa existían en España 10091 cemiterios, decidiuse a clausura de 7186 debido as súas malas condicións hixiénicas.

Foi despois do ano 1857 cando en Muros se reorganizou o cemiterio de San Pedro.  Xa en moi mal estado o corpo principal da anterga parroquial deImagen6.png San Pedro, aproveitáronse parte dos seus sillares para construír o muro que sirveu de cimentación aos primeiros panteóns que se fixeron, que son os que dan ao barrio da Fonte Vella.  O primeiro panteón edificado foino de orden de Don Domingo Malvares y Guiance, no ano 1874, aínda que hai un túmulo no que aparece inscrita a data de 1869.

No muro que sustenta estes panteóns hai un bo número de sillares nos que hai incripcións románicas, que seguramente fan referencia a persoas e feitos relacionados coa construción e reformas da primitiva igrexa de San Pedro que data de finais do século X, e que dou nome a parroquia trala visita do Bispo Pedro de Mezonzo a Muros, no ano 998, ano despois de que o caudillo árabe Almanzor, arrasase Compostela.

Os soterramentos fora da Colexiata facíanse no adro da parroquial de San Pedro, que estaba en plano coa Imagen5.pngplanta da igrexa.  As reformas posteriores a 1857, supuxeron a elevación do terreo, co soporte do muro novo, deixando un bo número de laudas baixo o recheo feito, xunto co cambio no acceso ao adro, que de antes da obra se facía ao remate das escaleiras da rúa da Fonte Vella.

A finais dos anos vinte do século anterior, acometeuse a obra de ampliación do cemiterio, ganando espazo coa construción dun novo muro baixo para salvar o desplome do terreo, e retraendo o muro existente ao que se apegaron panteóns que se construíron en diferentes etapas.  A nova porta de entrada, Imagen7.pngdeseñada e construída polo meritorio mestre canteiro muradán Don Francisco Iglesias, sustitueu a anterior que polo seu oeste daba ao camiño que conduce ao barrio do Carme.  Tamén nesta ocasión volveron a aproveitarse os poucos sillares que quedaban do corpo da igrexa de San Pedro.

Como curiosidade, das miñas pesquisas so puden atopar un sillar- neste caso algo irregular- que ten unha inscrición de difícil lectura.  Está a media altura do muro, a esquerda, baixando a escaleira interior do cemiterio.Imagen8.png

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s