Un ser humano chamado Anajata

p/ Cintia París

Poderíamos dicir que Anajata foi a creación dunha asociación para o coidado e protección dos animais do Concello de Muros e comarca, mais quedaríasenos corta esta descrición porque Anajata é sinónimo de esperanza, ilusión, Imagen9esforzo, traballo e moito carisma.

En novembro do ano pasado un grupo de persoas reunímonos para poñer en práctica unha acción, unha acción que intentaría dar voz aos que están fartos de gritar e que ninguén escoita, aos que están presentes no noso día a día e que son tan queridos como tamén sofren de ser infravalorados por moitos de nós: os animais ou, como nos gusta chamarlles, os peludos. Naquela mesa respirábase aire fresco, un golpe de enerxía vital que nos impulsaba a todos a sorrir, a ter forza e ganas para loitar por unha sociedade un pouco máis xusta cun sector que estaba ahí, que nunca deixou de estar mais nunca foi mirado con lupa. Tras falar e falar sobre o tema, Anajata púxose en marcha, era hora de botarse adiante aínda sabendo que non ía ser a gusto de todos esta iniciativa e que habería moitas fochancas na nosa vida como grupo.

Os obxectivos principais da asociación son a educación e información  do concepto animalista e ecoloxista da sociedade dun modo gradual e positivo, o cumprimento da lei de protección animal, e, sobre todo, darlle unha oportunidade a todos aqueles animais que sofren a violencia e o abandono do humano e que, ao mesmo tempo, estes e os veciños do Concello e comarca puideramos levar a cabo unha convivencia saudable, limpa e respetuosa.

O noso primeiro foco de atención foron os gatos da rúa, os mesmos que se seguen a reproducir sen ningún tipo de control e que sofren as consecuencias de vivir á intemperie. Puxemos en práctica o método CES (Capturar, Esterilizar e Soltar), facilitando así a vida deles e a nosa. Ao esterilizar aos gatos, estamos conseguindo que non exista un número elevado de camadas á vez que evitamos os malos olores das rúas, xa que non se senten ca necesidade de marcar o territorio deixando un cheiro desagradable para os veciños. Esta práctica é levada a cabo dende fai moitos anos en moitos paises e cada vez máis polos concellos e asociacións animalistas e está considerado o único modo eficaz para o control de colonias e mellora da convivencia cos humanos.

Outro dos métodos para que a convivencia sexa agradable, é poñer casetas para os gatos nas zonas con maior urxencia conseguindo, así, que lles sirvan de refuxio nos días de choiva. Dentro das casetas poranse o comedeiro e o bebedoiro que serán repostados únicamente por persoas previamente autorizadas polo concello. Como moitos sabemos, xa existe unha caseta na Academia de San Xosé que, entre todos, deberemos de respectala. Todo aquel que se sinta ca curiosidade pode ir a botarlle unha ollada, pero sen enturbiar a tranquilidade dos animais.

Mais como o camiño faise ca suma de pasos pequenos e firmes, e como só a ilusión non paga os grandes gastos que supón a nosa labor, puxemos en marcha unha serie de iniciativas onde os cartos recadados destínanse integramente ao coidado e mantemento dos peludos que chegan as nosas mans. Porén, comezamos ca venta dos famosos laciños laranxas que inundaron os establecementos muradáns e Imagen10.pngque incluso chegaron máis lonxe da nosa vila, poñendo un toque de color á vez que se mostraba unha certa solidariedade ca nosa causa. Seguimos ca participación no concurso realizado polo Concello que tiña como obxectivo alumar o pobo cun toque de orixinalidade e, aproveitando a imaxinación dos nosos integrantes, puxémonos mans á obra para crear un mural que reflectira a esencia de Anajata. Como non se nos pasa unha e para nós todo é unha oportunidade máis para darnos a coñecer, tamén aproveitamos algún que outro día de mercado para poñernos co noso posto vendendo todo tipo de artigos, moitos deles feitos a man. Contamos cun posto no Mercado de Muros que utilizamos para crear eventos tan soados como da Mostra de Respostería ou EmpanadArte, onde participaron activamente moitos establecementos do Concello como tamén o fixeron moitos artistas que colaboraron con nós para crear concertos e darlle o toque musical as noites de troula.

Porque, xa que estamos, ¿Por qué non aproveitar e promocionar o noso Concello, e darlle mais vida ao mesmo interactuando co comercio e a hostelería e ampliando a proposta cultural e de ocio?

Tamén temos presenza nas redes sociais e calquera que lle preste coñecernos mellor poderá visitar o noso Facebook: Anajata Asociación animalista. Neste perfil tentamos ser amenos e ter conexión directa ca xente interesada no que facemos e todo o que nos traemos entre mans. O fin desta presencia na rede é conectar dunha forma orixinal e divertida animando a todos aqueles lectores que nos aportan uns minutos de atención a colaborar con nós e cos nosos queridos peludos. Durante os poucos meses de existencia da asociación xa son varios os casos que nos chegaron de abandono e que precisaron da boa vontade das persoas preocupadas por estes animais. Podemos dicir que o balance é positivo xa que conseguimos darlles un fogar a moitos deles e, respecto aos que quedan esperando, non dubidamos que encontrarán pronto a súa segunda oportunidade. Grazas tamén aos socios que colaboran mensualmente e de  forma puntual ca nosa asociación polo aporte económico e desinteresado que tanto nos da a vida.

Se todo ser humano ten un soño, o noso é poder crear un refuxio para ter un espazo onde poder levar a cabo as nosas labores de adopción e non depender totalmente das casas de acollida, as cales son o noso sustento diario a día de hoxe. Normalmente, toda persoa que loita pola súa ilusión acaba conseguindo o proposto e nós non imos ser menos porque contamos, non só cun espírito loitador, senón con moitas persoas valentes, dispostas a dalo todo. Somos un equipo en crecemento onde os ánimos son constantes e as nosas forzas únense para seguir adiante. Somos conscientes de que o noso camiño é dos longos mais o bo dos camiños con moito percorrido son as experiencias que vas obtendo no tramo e, no noso caso, sabemos que serán moitas e estaremos dispostos a aprender de todas elas. A boa vontade, o respecto e a ilusión son uns bos ingredientes para elaborar a receita do progreso, un progreso para o Concello de Muros e comarca, para os seus veciños, para os seus animais e para o seu entorno. Somos unha gran familia e esperamos seguir crecendo abríndolle as portas a máis persoas dispostas a axudarnos neste gran ser humano que estamos a construír, onde o corazón bombea a ritmo de loita e onde o noso oxíxeno non é outro que as ganas de seguir adiante. Por eles e por nós.

 

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Un ser humano chamado Anajata

  1. se dijo:

    Es fantástico q alguien haya tenido la iniciativa de poder ayudar a los animalitos y sobre todo intentar crear conciencia de que no son objetos ni juguetes, sino seres vivos con sentimientos, que además dependen de los humanos para poder sobrevivir. Somos muchos los q adoramos a los animales y muchos tmbn los q nos ven como bichos raros o excéntricos incluso. Por eso es más importante todavía q haya gente que se movilice para conseguirlo y q cada día seamos más. Yo no soy especialmente participativa pero intento al menos dar a conocer dentro de mis capacidades el gran trabajo de esta gente y que sepan q lo valoro mucho. Soy animalista convencida, votante de Pacma desde hace muchos años. Sólo espero q sigáis adelante y siempre a más.

    Me gusta

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s