A Santa Compaña e as Xans.

p/ Manuel Lago Álvarez

 É moi difícil atopar xentes que queiran falar da Santa Compaña.  Moito máis difícil, ou case imposible, e que alguén fale das “Xans”.  Santa Compaña e Xans Imagen1.pngconforman unha parte importante do patrimonio cultural inmaterial da nosa Galicia; son parte do ser i estar do máis íntimo das nosas crenzas nun mundo que non vemos, pero que nos espera mais alá do alén.

Hai quen afirma que a chegada da luz pública as nosas aldeas fixo desaparecer a Santa Compaña e as Xans.  Quen tal di, faino dende o descoñecemento pleno.  Que no mundo de hoxe non se fale destas procesión de ánimas, non quer dicir que non existan.  Certo que os tempos mudaron, e con eles, -afortunadamente-, o acercamento á persoa dunha maior cultura en tódolos eidos.  Pero, máisImagen2.pngcultura non ten porque considerar –en moitos casos- que se trataran e traten certos temas relacionados co “máis alá” como andrómenas propias de vellos incultos. Crer ou non crer e cousa de cada un, pero aos que creemos, déixesenos co noso. Só pedimos que como nós respetamos aos outros, estes nos respeten a nós.

Feito este pequeno introito, vamos ao tema.   A Santa Compaña é unha procesión de ánimas en pena que errantes percorren os camiños dunha parroquia.  Vestidas as ánimas de túnicas negras con capucha, cos pes descalzos e na man unha candea acendida, marchan polos camiños en procesión de dúas filas, estando ao fronte delas un espectro maior que se chama “estadea”, e que porta unha cruz e un caldeiro de auga bendita.  Este espectro é un mortal (home ouImagen3 muller), está, pero non o sabe, xa que ao día seguinte non lembrará nada, pero a súa saúde irase debilitando, véndoselle un aspecto cada días máis fúnebre.  Só poderá librarse do fatal destino si no camiño da procesión atopa con alguén a quen lle traspase cruz e caldeiro.

A Santa Compaña vaga sempre despois das doce da noite.  Empezando o seu percorrido nos arredores das igrexas parroquiais.  Rezo de rosarios, marmullos, cantos fúnebres e o son dunha campaíña acompañan o cortexo, visitando os arredores de aquelas casas nas que en breve haberá unha defunción.  A súa presenza pode ser detectada.  Ao seu paso, os sons da noite desaparecen. Os cans ouvean de forma incontrolada e os gatos e outros animais foxen despavoridos.  Un forte cheiro a cera e o marmullo do vento traendo melodías cegas, din da presenza das ánimas.

En caso de atoparse con ela, non mirala.  O mellor facer un círculo no chan e meterse dentro Imagen4.pngdel, ou si non da tempo, tirarse ao chan e pórse boca abaixo, pórse a rezar  e facer por non escoitar a voz nin o son da compaña. Tamén tirarse boca abaixo e esperar sen moverse, aunque a compaña lle pase por encima. Nunca tomar una vela que nos tenda algún defunto da procesión, pois este xesto queda un condenado a formar parte dela. -En último caso, botar a correr moi rápido. –Contan que a Santa Compaña non terá o poder de capturar a alma do mortal que se cruza con ela si este se atopa pisando os peldaños dun «cruceiro», que solen estar situados en los cruces dos camiños  ou si porta unha cruz consigo e logra esgrimila a tempo.

E moitos se preguntarán o porqué das aparicións da Santa Compaña.  As respostas son moi variadas.  As numerosas lendas sobre esta compañía deImagen5.png defuntos en pena contan que se aparecen nos camiños próximos aos camposantos en busca de algo ou alguén, e que sempre aparecen cun motivo polo cal é símbolo de desastre ou maldición. Os motivos polos que esta compañía de almas errantes poden aparecer son:

– Para reclamar a alma de alguén que morrerá pronto. Contan que quen recibe a visita da Compaña morrerá no prazo dun ano.

– Para reprochar aos vivos,faltas ou erros cometidos. Se a falta é especialmente grave, o mortal que a cometeu podería recibir a visita da Compaña para que a encabece, condenado así a vagar ata que outro mortal substitúalle.

– Para anunciar a morte dun coñecido do que presenza a procesión.

– Para cumprir unha pena imposta por algunha autoridade do máis aló.

Sexa como sexa estas aparicións das animas son premonitorias de sucesos que acontecerán no futuro inmediato e que non traerán cousa boa.

 

A Procesión dás Xans e semellante á da Santa Compaña pero diferenciase en que non son pantasmas de mortos os que van nela, senón pantasmas de vivos. Son os que nas terras de Muros chamamos “AMINAS”.  E si, son vivos, que non saben que forman parte de tal procesión.  Ao día seguinte non lembrarán nada, nin estarán cansos nin tampouco, como sucede co portador da cruz na procesión da Santa Compaña, se lles notará ningún tipo de palidez ou desencaixe da súa faciana.

Marchan en dúas fileiras e levan un cadaleito. Canto máis preto do cadaleito van os membros, máis inminente é a súa morte. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres ou catro anos. O que se atopa con esta procesión, só a ve, pero non sente. O encontro dáse case sempre nos cruces dos camiños, onde é costume deterse cos defuntos para que os curas boten responsos.

Se o que a atopa é un amigo dos que van na procesión, o único que lle fan é levalo polo aire a outra parte; se é inimigo, danlle unha gran malleira e arrástrano polas silvas.

Son poucas as persoas que ven a procesión dás Xans, pois para isto necesítase posuír unha destas condicións: que o padriño de quen a ve rezase mal o credo cando o bautizaron, ou ben que o cura cambiase os santos óleos confundindo os da extrema unción cos do bautismo. Tal erro pódese remediar bautizándose de novo.  A isto último pudera ter relación co cambio feito fai anos na Liturxia do Bautismo.  Moitos lembrarán que na cerimonia de bautismo, os padriños do neno ou nena, tiñan que recitar e proclamar o CredoImagen6.png de memoria, en nome do bautismado.  Moitas veces a confusión era grande, por mor de que Credos había e hai dous (o Apostólico e o Niceno).  Agora, a Igrexa cambiou a fórmula.  O crego interroga aos padriños: Celebrante- Creedes que Deus, Creador do ceo e da terra é o noso Pai?.Todos- Si, creo.  Celebrante- Creedes que Xesucristo, que naceu de Santa María Virxe, morreu, foi sepulto, resucitou de entre os mortos e está no ceo xunto a Deus Pai, é o noso único Salvador?. Todos- Si, creo, etc.

Querendo ou sen querer, con esta nova forma litúrxica, case é imposible que por non rezarlle ben o Credo ao bautizado, este teña a facultade de ver as Xans.

Ver as Xans non é augurio de morte propia.  Os que van a morrer son os que forman parte da procesión, e moitas veces son persoas coñecidas da persoa que se atopa coa procesión.  A prudencia das persoas que viron as Xans fai que nunca se mencione o encontro e moito menos que fagan público o nome das persoas que viron na procesión, xa que estas están chamadas a deixar este mundo en tempo breve.

Para quen teña interese no tema, hai no canal youtube vídeos con testemuñas de xentes que viron estas procesións de animas e aminas.  Hai tamén unha curtametraxe dirixida e montada polo alumnado de 4º de ESO do IES A Guía,  no que uns xoves escenifican  o encontro dun deles coa procesión das Xans.  (https://www.youtube.com/watch?v=_qDs3J9wTQo)

 

 

Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario