FAIME CASO

p/ Marcelino García Lariño.

 Do vello Perilla, do que xa falei outra vez, a xente di que non era moi asisado. A verdade é que cordo-cordo non sería; pero sabio non me digades que non o era. O pobre andaba a pedir, e facíao porque era pobre,  non por gusto, aínda que, Imagen2eso  si, sabía moi ben pedir e máis a quen pedir, que non todos somos iguales; eso será na constitución, pero non no cotián convivir, maiormente no vivir dos pobres, mendigos e indixentes que todos son a mesma cousa e da mesma raza que é a dos que viven a conta da esmola. Non pedía o vello Perilla por tódalas portas nin por tódolos lugares. Nas freguesías de Serres (de onde el era) nin na de Muros o facía. Na de Carnota si; pero soamente en determinadas casas, non en todas, que na variación vai o gusto, e un gusta do que máis e mellor da o óbolo, a graza e a caridade, que veñen a ser tres cousas distintas e só unha verdadeira.

Este vello que presumía de comunista, xactábase de se-lo home que máis liberdade de expresión tiña de España, incluso nos tempos da ditadura, na que, segundo el, falaba o que quería e lle daba a gana contra o réxime ou a relixión ou os caciques (que tamén os hai agora tanto ou máis que antes) perante de quen fose: falanxista ou republicano, sen que ninguén lle retrucase. Un serán atopou un conveciño seu, labrego podente, que tiña un fillo a estudio na Universidade de Santiago para avogado, suoroso e esgotado cavando co legón unha leira. O vello Perilla, comunista e con liberdade de expresión, parouse, apoiouse no bastón, estivo un pouco tempo mirando para o seu veciño, e logo díxolle:

–Manuel, ¡que toliño es Manuel!

–¿E porque mo dis, Perilla?

–Porque logo non sería mellor, que tiveras o teu fillo sachando co legón, que ti non podes máis coa alma, en vez de te-lo dándolle a carreira de avogado en Santiago.

O Manuel tamén se recostou no legón, limpouse a suor co pano da man, reflexionou e, moi convencido, contestoulle.

–Pois non che falta razón. Non podo máis comigo. Tanto traballar… ¡para qué! Ás veces envéxote, Perilla. Quixera ser libre e sen preocupacións como es ti.

Ó que lle respondeu o esmoleiro comunista con toda liberdade de expresión:

–Non es porque non queres,  Manuel, únete a min, que che levo eu a Carnota, que teño unhas casas que non só me dan a esmola, senón tamén roupiña e convídanme a xantar. Mira: cos cartiños que sacas das esmolas dáche dabondo para tabaco e aínda che sobra, e a comida xa a tes asegurada.¡Para que queres cartos, leiras e fillos con carreira, se estás escaralladiño de ves!

—-XXX—-

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s