PREGANZA DE CEGOS .

p/ José Mª García Rodríguez

I

Vimos ao voso rueiro,

nosa esmola demandar,Imagen1.png

e coma somos ceguiños,

imos collidos das mans.

¡Dáde, xente, a caridade,

aos cegos, vosos irmáns!

 

Coitados de nós, ceguiños,

que nin ren podemos ver.

Moito penada é ista vida.

Do serán ao amaecer,

a oscuridade da noite.

E polo día, tamén.

 

Nosa Señora das Dóres,

ela nos queira acudir,

nos perigos que pasamos

da nosa casa ao saír.

Santa esmola, no seu nome,

vimos a todos pidir.

 

O noso patrón San Pedro,

pescador e pecador,

a quén nos dé un netiño

de viño, délle favor;Imagen2.png

e alonxe da súa casa

ao Demo embarullador.

 

San Roque das Campaíñas,

válenos nista ocasión,

que a xente non feche aos cegos,

as portas do curazón.

Nós só podemos outér

o que nos dé voso amor.

 

Santa Ana, a quen nos dóe

una anaquiño de pán,

pregue por il a súa filla,

que é filla de Deus e nai.

Dos homes compadecida,

sempre nos libre de mal.

 

Óleo, viandas e peixe,

manteiga, froita ou freixáns,

calquer cousa que ofertedes,

nona imos rexeitar.

E as Animas do Purgadoiro,

por vós, temos que pregar.

 

II

—Canta, meu ceguiño, canta,

canta tí, que cantas ben,

xa vas de volta coa esmola,

semellas un carabel.

¡Deus llo pague aos que che deron,

niste día, de comer!

 

—Iste ceguiño que ves,

cantóu coma un paxariño,

mais, agora, canta e chora,

canta e chora, ¡meu probiño!,

que a zanfoña lle roubaron,

uns roubóns, polo camiño.

 

Calquer ceguiño que canta,

sin consolo e afrixido,

inda que semelle ledo,

tén o curazón ferido.

 

¡Deus lle dé amparo aos cegos,

e tamén santa Lucía,

pechan os ollos de noite,

abren os ollos de día,

e até, si as pedras falasen,

moita xente sabería,

que hai cegos que se namoran,

de que non verán na vida!

 

¡Lévanme ao meu queridiño,

lévanme a vista dos ollos!

¡Ai, quén me dera un ceguirio,

pra cantar os meus enxóos!

 

Canta e axúdame, ceguiño,

tí que sabes cantar ben,

que por cantar e bailar,

xamáis se perdéu ninguén.

¡Pérdense os malmuradores,

da vida de cada quén!

 

Vóuche cantar, con amor,

anque co peito ferido,

tamén ollos que non vén,

poden perdelo o sentido.

¡Inda é millor que unha esmola,

un curazón compartido!

 

¡Santo Antonio de Amaranto,

santo dos ollos bonitos,

o que está cego de amor,

máis cego está que un ceguiño!

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s