BUBELA.

p/ Amado  Barrera.
Este marzo a bubela non me veú á miña leira Boteina moito de menos, tan bonita como era. Estase acabando maio, a bubela xa non chega, polo campo vexo outras, voulles preguntar por ela.Imagen1.png

A bubela éche coma un mazarico, pero de monte. Dígoo polo seu pico, o seu xeito de comer e os seus áxiles movementos, aínda que non voan parecido nin polos mesmos lugares e comen diferentes manxares. Tampoco non teñen parentesco biolóxico, pois nin tan sequera están na mesma Orde taxonómica.

Malia ter o tamaño dun tordo parecen meirandes. Miden de media 28 cm entre a punta do bico, longo e curvo, e a da cola. As alas teñen un debuxo característico de bandas brancas e negras. A crista da cabeza, que poden abrir pero adoitan levar recollida, mide uns 6 cm e está formada por plumas coas puntas brancas e negras. A cola é negra, cunha banda branca ancha no último terzo, e un debuxo branco na raíz. O resto do corpo é ocre rosado ferruxento.

Os dous sexos son moi semellantes: as femias son se cadra algo máis pequenas e de cor máis mate.

O seu voo ondulante lembra o dunha bolboreta. A golpes de á longos seguen outros curtos, o que dá a impresión de inestabilidade e desequilibrio.

O canto típico dos machos, composto en xeral de tres sílabas, é inconfundible e podería describirse coma u pu, pu, pu, repetido a intervalos non máis longos de 5 segundos. Ademais deste e outros sons utilizados como sinal de alarma ou cando están no niño, usan tamén o bico ó xeito dunhas castañolas para producir sons cando están excitados.

A Bubela (Upupa epops) inverna en África e suben cando empeza a primavera. Volven sempre ao mesmo lugar, por iso temo pola que sempre viña a Agrocovo en Esteiro. Como vedes na foto, xa me coñecía e podiame acercar para lle tomar fotos.

Có seu peteiro curvo localiza e come sen parar larvas e escarabellos que se coidaban a salvo baixo das herbas. Praguicida vivo a Bubela é. ¡¡¡Dí a wikipedia que nas zonas de pinares a súa presencia é esencial para acabar coa terrible «procesionaria»!!!.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s