Home de moi bo dente.

p/ Marcelino García Lariño

Que hai xente máis comedoriña unha que outra, é cousa que xa todos o sabemos. Como que hai quen non sabe o que é ter fame, que son eses que din que Imagen1.pngteñen desgana e que con unha insignificancia de sustento que metan na boca xa están enfastiados; como tamén hai outros que devoren o que devoren nunca se fartan de comer.

Un destes, dos que nunca se dan satisfeitos coman o que coman, é o meu amigo e veciño Xaquín de Pandeireta. Home bo onde os haxa, que unha cousa non ter que ver coa outra, deuno Deus do moi bo buzo; a nada que sexa de mastigar lle fai ascos, nin por mal condimentada que estea a comida tampouco lle dá noxo. E nunca, endexamais, manxando, se lle escoitou dicir “non quero máis”.

Eu coñezo moi ben a este home, ¡non o vou coñecer!, se somos do mesmo tempo, só lle levo un ano. E a pesar de que non é da familia dos Comellóns (que son veciños), este larpeiro non está gordo nin é de moita estatura, todo á contra, talvez un chisquiño pequeneiro.

O que si, esto cómpre dicilo, que o meu amigo e conveciño Xaquín é un caso patolóxico digno de estudar pola ciencia. Pois non é normal que esteImagen2.pnghome, por non dicir este alarbio, do que non se pode falar que é de mal fociño porque sería unha mentira e a verdade non ten máis que un camiño, non é igual de lambeteiro en Muros que fóra del. Aquí, na casa, come moito, que no se pode dicir que non come; pero cando anda polo mundo adiante, aínda ben non sae do fogar, multiplicáselle o apetito e elévanselle ó cadrado as gañas de comer. Lémbrome coma se fora hoxe que aló polos anos 1951 e 1952 que estaba cumprindo o servicio militar, cando viña á casa con permiso comía ben, moito si pero como adoitaba facelo, nin máis nin menos. Pero cando se lle terminaba a licenza e volvía para Ferrol, nada máis chegar no Castromil á Abelleira, xa se lle remexía o estómago e as tripas, e xa comezaba a dicir “¡que fame teño!, ¡que fame teño!, ¡que fame teño!” e non paraba de rosmar ata chegar ó destino. E navegando por tódolos mares do mundo, pásalle, exactamente, igual.

Esto non é moi normal que digamos. Aquí ten que haber algo psicolóxico ou neurolóxico ou ecolóxico; porque o que lle pasa a este home é, a todas luces, ilóxico ou antilóxico.

Eu podía contarvos moitas e moi saborosas anécdotas da apetencia deste home. Pero, e para que  teñades unha pequena idea, soamente vos contarei a seguinte:

Xaquín de Pandeireta durante o servicio militar estivo destinado no destructor da Mariña de Guerra nomeado “Jorge Juan”, onde tiña o chope de Temoneiro sinaleiro, cargo que desempeñaba as mil marabillas  co beneplácito de tódolos xefes que o tiñan considerado coma o mellor ou un dos mellores temoneiros sinaleiros de toda armada.

Co gallo dun forte temporal coma un ciclón que os collera na Costa da Morte, mareouse case toda a tripulación. E cando chegou a hora do xantar ninguén quixo probar bocado. ¡Ouh! Mais aí apareceu Xaquín que despois de papar a ración del ben acugulada (un prato de aluminio tan grande, dispensando, coma un ouriñal) pediulle ó oficial de garda se lle autorizaba a comer outro prato máis. Como comida sobrada abonda, ninguén quixera comer, díxolle que si. Ó rematar preguntoulle se lle permitía comer outro. O oficial díxolle coma os que queira. Entón Xaquín, comeu outro, outro, outro, outro e outro namentres o oficial, asustado,  íaos contando. Chegou un intre que o bo de Xaquín, rematada a gabeta, dirixiuse novamente ó oficial para pedirlle se en vez de ir sacando prato a prato lle autorizaba a levar a gabeta para a mesa. O oficial díxolle que si, pero coa condición de que fose sacando prato a prato, para apuntar por curiosidade os que comía,  o que lle contestou o temoneiro sinaleiro de que por el non había inconveniente. E así o fixo. E volveu a papar outra gabeta, grande coma unha barrica desas do viño, toda enteiriña. Non sobrou nada.

O oficial díxolle:  –Está vostede satisfeito, ou aínda quer máis.

–Satisfeito, satisfeito, o que se di satisfeito, meu tenente, farto non lle estou. Pero se vostede me concede outra gabetiña máis…

–De ningunha maneira –berrou o tenente– .¡Vostede vai estoupar!

A contestación do oficial non agradou moito o mellor temoneiro sinaleiro da Armada; pero tampouco o oficial estaba moi satisfeito que digamos, Imagen3.pngporque non se cansou de pasear polo sollado dicindo:

–¡Catorce pratos de callos, meu Deus! ¡Catorce pratos! ¡Se non o vexo non o creo! ¡Miña Virxe Santisimiña do Carme! ¡San Pedriño bendito! ¡Benditas almiñas todas do Purgatorio! ¡Corenta pratos de callos! ¡E está como se nada, nin sequera rebentou! ¡ E ven certo que se non o vexo non o creo!

E levou así con esta cantilena horas e horas. E o noso Xaquín mirando para a perola que non lle deixara comer o tenente e íanselle os ollos nela, laiábase deste xeito: “Que triste é morrer de fame tendo que comer”.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s