Un proxecto de fin de carreira.

No ano 2000, o xóven muradán Vicente Caamaño Martínez presentou como proxecto de fin de carreira na Escola de Arquitectura Técnica de A Imagen1.pngCoruña, un detallado proxecto sobre o  “Acondicionamento Acústico da Colexiata de Santa María do Campo de Muros”.

O proxecto parte da realización dun metódico estudo sobre as características acústicas do campo sonoro no recinto do templo da Ex-Colexiata de Muros,facendo especial referencia ás necesidades acústicas derivadas das diferentes opcións de son que se poden necesitar no templo, comprobando si estas son boas para o uso que teñen, ou si pola contra, se necesitaba unha reforma para realizar ansi as melloras que foran precisas.

A metodoloxía que se sigueu para realizar o estudo de acondicionamento acústico foi a seguinte:

1.-Calcular o volume da nave.

2.-Cálculo de valores óptimos de reverberación da nave, no seu estado actual, mediante a fórmula de Fizroy, para dúas actividades: a palabra e a música, tendo en conta ou nonImagen3.png a intervención de aparatos electro-acústicos.

3.-O estudo dos coeficientes de absorción dos materiais que compoñen a nave no seu estado actual e o cálculo das superficies que compoñen ditos materiais.

4.-Cálculo dos valores reais do tempo de reverberación da nave, mediante a fórmula de Millington.

En función do obxetivo desexado, o autor do proxecto buscou a adecuación entre a sencillez,economía e resultado, mantendo intacta a estética do templo, e baseando o obxetivo en mellorar o acondicionamento acústico baseándose na fórmula de tempo óptimo de reverberación.

No estudo previo de estado danse as solución necesarias para a mellora acústica, sinalando que tódolos materiais, así como a parte de obra, sistemas, etc, responderán estritamente as condicións establecidas nas Normas Técnicas de Calidade en lugares públicos.

En canto os solados, o técnico propón que se coloquen tariImagen2.pngmas de madeira de Elondo sobre rastreis de pino en toda a súa superficie excepto na zona do altar maior, onde se poñería moqueta téxtil sobre capa niveladora,previa demolición e limpeza do solo actual de baldosa de mármore e pedra.

Nas paredes propón que se dispoñan paneis prefabricados de lana de vidro e xeso tipo calibel, pegados directamente sobre a parede nos espazos entre columnas, así coma unha cortina cubrindo a zona do coro, e revestimentos de feltro sobre a parte de portas e parte posterior do forzado da madeira existente.

Acerca dos teitos indica que deben enlucirse con morteiro de xeso mesturado con vermiculita expandida mediante dúas capas.

Este proxecto de fin de carreira, ademais de facer un percorrido histórico sobre Muros con gran aportación de datos, inclúe un prego de condicións de obra para a actuación proposta, para a súa mellor execución.

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s