p/ Elixio Vieites.
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, – Concello: Muros – Parroquia: Tal (Santiago) – Lugar: Tal – Outra denominación do ben: O Cotriño, Testas do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición: Emprázase aproveitando unha península de acantilados cara o mar, que o rodea en boa parte. As condicións naturais fan que a súa defensa sexa boa, ademais dun doado control do territorio da enseada da Ría Muros e Noia. A altura do parapeto exterior está entre os 2 e 3 m. pola parte que dá ás terras limítrofes é de 1 a 3 m. pola caída ata a plataforma interior onde se ve como as defensas, tanto a interior como a exterior, van perdendo magnitude e vanse esmorecendo a medida que se aproximan á liña de costa. Medidas N.S.: 110 m., L.W.: 125 m.. Non é visible o sistema de acceso a croa do recinto pero debeu ser pola pista por onde hoxe se accede a unha casa contruída dentro do asentamento.
No interior da illa, moi cuberta de vexetación, non se atoparon estruturas do castro, aínda que a illa parece bordeaba, en algúns tramos por un parapeto de terra. Diversas fontes apuntan a existencia noutro tempos dunha capela, e algunha información dos veciños din que a imaxe de Santa Catalina está agora na parroquial de Tal. Non se fixeron escavacións arqueolóxicas.
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola-Residencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15053002
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Referencias bibliográficas:
Haz clic para acceder a 22396CA002.PDF
A Cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota; Xerardo Agrafoxo Pérez, Caderno: Cruceiro do Rego, Noia 1991. ED.Sementeira S.A. ISBN.:84-404-8580-8
Rey Castiñeiras Pepa, Estudio y Catalogación de los castros de la provincia de la Coruña. Gallaecia 7 e 8. 1985, Mapa de pendentes
Haz clic para acceder a Pendentes_0119A-0503.pdf
Voo Americano do 56
Haz clic para acceder a Orto56_0119A-0503.pdf
Afeccións:
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase en moi mal estado de conservación polas continuas labores levadas a cabo nos terreos do xacemento. “Unha recente casa e varios camiños de monte que fenden os parapetos, así coma a parcelación do castro en pequenas fincas, acabaron por esmorecer parte das defensas”, así poñía no seu libro X. Agrafoxo no 1991, hoxe (xullo do 2011) hai que engadirlle un poste de cemento do alumeado público no medio do parapeto, na pista de entrada da casa que hai dentro.
Onde está localizado
Latitude: 42.7845905571
Lonxitude: -9.01433587074