Home asisado.

p/ Marcelino García Lariño

O Señor Anacleto, Cletiño do Eixo como era coñecido, non sería senón que era, o home máis sensato, máis intelectual, prudente e discreto que había no lugar, na parroquia e incluso na bisbarra. Non tivera estudios, que naquel tempo só o podían ter as familias podentes;Imagen5.png e non é deshonra ningunha dicir que a del non o era; pero tampouco eran pobres de solemnidade, era unha familia labrega e algo gandeira, acomodada, que se vía ben coma tantas que había naquela tempada por algures. Os do Eixo tiñan a sona, ben acreditada e merecente por certo, de seren xente prudente, razoable e de ben. Pero de toda a parentela era o Cletiño o máis axuizado e cabal.

Cletiño do Eixo, en máis de unha ocasión fora elixido polos seus conveciños para pedáneo do lugar; pero el moi humildoso sempre e de todo ben ser, rexeitou acotío ese e outros cargos que a veciñanza lle ofrecía. Mais iso non lle privaba para que ós domingos, á saída da misa parroquial, os fregueses quedasen pasmadiños no adro escoitándoo falar, que ata o señor abade dicía del que se soubese latín e fose crego non tardarían en facelo de bispo para arriba. Daba xenio oílo falar, non había mellor orador nin  predicador nin parlamentario que o fixera como el. Era, como dicían os seus paisanos “un vindeover”.

Para que vexades a elocuencia e facilidade verbal deste intelecto, basta e sobra dicirvos que en certa ocasión viñera un ilustre catedrático de medicina a dar una conferencia ó Pósito da Irmandade de Labregos e Gandeiros da parroquia. O señor catedrático, xusto é dicilo, falar, o que se di falar, falaba coma un libro aberto e con coñecemento de causa. Gustara moito.

Pero ó final do discurso houbo un coloquio no que tamén tomou parte o noso Cletiño convidado polo presidente da devandita irmandade. ¡E meus homes! O profesor falaba ben, xa o dixemos, pero o noso Cletiño… ¡comíalle as papas!; que oratoria, que facundia, que retórica. Unha cousa é dicilo e outra é velo e escoitalo. Cando xa deixou ó afamado do señor catedrático fóra de xogo foi cando este lle pediu a súa opinión sobre os adiantos e progresos da ciencia da medicina. Entón o señor Anacleto (Cletiño do Eixo), con esa grandilocuencia oratoria que o caracterizaba, moi pousado, moi dono de si mesmo e con moi bos modais, contestoulle:

–Señor catedrático: Os médicos de antes chegaron incluso a saber de que morría unha persoa; mais os médicos de agora, con tantos adiantos e progresos, non saben nin sequera de que a mataron.

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s