A voz dos nosos poetas: Luz de Vilares

p/ Agustín González López

 

Criatura perfecta do silencio

a pedra. A luz agoraImagen3.png

rutila sobre un sono de pedras abrasadas

na metade do sol.. Os grises muros

vellísimos que cercan un calado

recinto sen ninguén. O adro soña

entre a sombra e o sol e o tempo mudo

esvara sobre o templo. Só unha brisa.

Brilla a campá e arde na encendida

torre aguda.Os paxaros ausentes

Camiña a tarde en luz. Abalan leves

a penas unhas herbas. Non se escoita

nin un fío de augas que circule.

No mármore e a cruz as lentas horas

sobre o silencio que multiplican luces.

Calado é o sitio do durmir perenne.

De pedra e sol un día de Vilares.

 

Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario