O loro comprando un feixe de leña.

p/ José María García Rodríguez

Doutra vecira foi un loro.

Trouxéronllo a señora Maruxa de Candamo, dende Vigo. E dIxeronlie que era moi faladór. Pro na verdade chegóu, pechóu o piteiro, que si o abría sería pra manxar, e de falar ren. Pasaba o tempo no fondo da gaiola, tristoño, pro atente. Miraba. Escoitaba. Calaba. Os rapaciños dicianlle:

—Lorito real para España y para Portugal…

Facíalles tanto caso como si orballara. Pro un día…

Un día iña unha muller pola Caleancha, co seu feixe de leña riba da cachola e chamouna o loro, que de tanto calar, estudar, mirar, reter e ouservar, xa tiña seu negocio deprendido.

—¡Señora aquelal…

—Servidora. —imagen1

¿Isa leña e pra vender?

—¿E pra que vái a ser?

– cóma a dá?

—Tres pesetas o feixe… ¿quere?

—IAi, está tola! Dóulle unha…

—Pro ¿que me dí? En tres pesetas o feixe é barato. Non pido catro, porque levo presa pra voltar a miña aldea, que teño doente de sarampión un filliño.

—Non lle dóu máis que unha, insistiu o loro, por ise feixe de garabullos.

—Nin ren de garabullos, élle leña de pau de carballo,.afirmóu a dona.

E repricóu o loro: —Será do pau do carballo do seu home…

A muller tiróu o feixe de leria ao chan, petóu a porta da señora Maruxa de Candamo e perguntou:

—¿Quén está con vostede na casa?

—Estóu eu soliña.

A vendedora de leña, arrincóulle a metade dos cabelos, ao tempo que lle chamaba, desvergonzada, cara lavada, atrevida, e ainda verbas máis gordas. Ao rebumbio acudiron o señor Manoel do Monte e Ferreirós, que eran os guardiñas da vila, e leváron as dúas mulleres pra falcona. Logo chegóu o alcalde e lle espricaron o caso. Ceibóunas Mandóunas pra o xuez municipal e iste se dicía:

—A señora Maruxa foi agredida, é inocente. A muller da leña respondéu a inxuria de que foi vítima. Pro ¿cóma poido eu facerlle xuicio a un loro?

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s