p/ Xokas Figueiras.
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre, Concello: Muros – Parroquia: Louro (Santiago) – Lugar: San Francisco
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Bronce,
Descrición: O conxunto de petróglifos atópase nun abrigo rochoso orientado cara ao norte, sobre o monte das Chans, a pouca distanciado Convento de Louro. Composto por varias ducias de formas “cruciformes” de diferentes técnicas executivas, hainas de trazo ancho e profundo e outras máis superficiais. Ademais, varias delas terminan en cazoletas e outras parecen “arboriformes” estando a maior parte no abrigo creado pola rocha, mais nos lados exteriores tamén se constata a presenza de varias.
Pepa Rey e Eiroa apuntan que parte delas poden pertencer a algunha etapa da Idade de Bronce e que poderían corresponderse con imaxes antropomorfas de idoliformes, mais non a totalidade do conxunto, pois moitas das cruces poderían corresponderse con algún momento da Idade Media no que os signos cruciformes foron empregados como signos de demarcación territorial.
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15053021
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA004.pdf (páxina 7-8)
Afeccións:
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado: Latitude: 42.7655240762
Lonxitude: -9.07354402516