p/ Nieves Formoso Vidal.
Aínda que o que paso a e escribir, directamente non ten que ver co Facebook, si o ten coas consecuencias físicas que poden derivarse dunha mala postura cando estamos moito tempo sentados diante da pantalla do ordenador.
Os traumatólogos e fisioterapeutas ao estudar as lesións derivadas do mal posicionamento á hora de sentarnos diante da pantalla do Pc, alarman sobre as devastadoras consecuencias dunha mala postura. En moitos casos, a razón destes problemas débese a unha inadecuada altura da nosa mesa ou do monitor.
Noutras ocasións, o problema deriva do mal deseño da cadeira que utilizamos para sentarnos. É por iso que debemos ter moi en conta o tipo de cadeira que eliximos e como pode afectar esta tanto ao noso rendemento como ao noso corpo. Unha gran solución, segundo informan os médicos, é facer uso dunha cadeira xiratoria.
Unha cadeira xiratoria pode axudarnos a evitar esas molestas dores de pescozo e costas que case todos sufrimos, consecuencia de horas e horas diante da pantalla, mantendo unha posición que non é adecuada para os nosos ósos e músculos.
A postura correcta
O deseño das cadeiras xiratorias permítenos ter certa mobilidade que nos ofrece a posibilidade de manter as nosas costas rectas mentres viramos ao carón ou outro mentres facemos o noso traballo. Ademais, moitas das cadeiras xiratorias que imos atopar no mercado, foron deseñadas para favorecer unha posición correcta e libre da pelvis. Pero como saber que posición debemos adoptar para evitar estas lesións? Os médicos e fisioterapeutas ofrécennos algúns datos que poden ser de gran axuda:
As costas debe estar totalmente rectas, formando un ángulo de 90 graos co resto do noso corpo.
A distancia entre os nosos ollos e a pantalla debe ser duns 50cm aproximadamente.
As nosas pernas teñen que formar un ángulo de noventa graos en referencia ao resto do noso corpo.
A distancia entre a cadeira e a mesa non debería superar os 40cm.
O noso corpo debe estar próximo á mesa, cunha distancia máxima de 80cm entre a base da mesa e a da nosa cadeira.
Á hora de elixir
Agora ben, como elixir a cadeira adecuada? Unha vez temos certa información sobre a posición máis adecuada para sentarnos evitando lesións, chega a hora de decidir. Hai miles de opcións no mercado e case todas son válidas. Todo depende do uso que queiras darlle á túa cadeira xiratoria e dos teus gustos, pero vexamos que din os expertos:
Decidir o tipo de cadeira que nos convén. Isto podemos decidilo tendo en conta cal será o destino deste moble na nosa vida. Se queremos a cadeira para a oficina, deberemos ser mesmo máis esixentes, xa que estaremos sentados nela moitas horas moitos días ao ano.
O estilo é moi persoal, pero sempre podemos ter en conta o lugar onde colocaremos a cadeira. O tipo de decoración que xa temos na sala e a atmosfera que nos gustaría crear.
As medidas son moi importantes, pero a gran vantaxe destas cadeiras é que a gran maioría son axustables, así que infórmache antes de realizar a compra e proba as distintas alturas.
O material pode ir desde a madeira, ao metal, pasando polo coiro e a tea. Pensaches que tipo de cadeira xiratoria convenche máis?