INCINERACIÓN.

p/ Marcelino García Lariño. 

 Lévase, nestes tempos, moito de moda a costume, por no dicir o vicio, de reducir todo a cinzas. E, en este todo, están tamén incluído os cadáveres dImagen2.pnge persoas. Non son quen para xulgar se está ben ou está mal  queima-los mortos, pero a min todo que sexa queimar chéirame moito a chamusco.

Sei tamén que a incineración de cadáveres está permitida pola lei e que nin a mesma relixión se opón. Non obstante isto de queimar, repítovolo, sempre me cheira a chamusco. E sei tamén outras cousas; cousas que pasan coas cinzas dos incinerados. Veredes:

Eu Cuba incineraron a un home, non precisamente da nosa parroquia, e mandaron as cinzas para aquí co gallo de que fosen colocadas nun nicho do panteón familiar; e por correo aparte, o mesmo día e á mesma hora,  mandaron tamén unha carta coas doadas instrucións. Por arte de “birbiriloque” ou como queirades chamarlle, chegou uns días antes o tarriño coas cinzas que a carta. Os familiares que se estrañaron de recibir algo de Cuba, cismaron uns cos outros que clase de pos serían os que estaban dentro daquel recipiente de vidro. Nesto, o vinculeiro da casa que era o máis listo, para algo era o vinculeiro e ademais fora algo a estudio, dixo: “Estas sónchevos especies de Cuba, que é un país moi rico en especies. Outra cousa non terán, pero as súas especies son as mellores do mundo”. E a nai da casa, no intre, tamén dixo: “¡Ai! Que ven me veñen para botarllas agora mesmo a empanada que estou facendo”. E dito e feito. A empanada, segundo eles, estaba riquísima e notábaselle moito o sabor das especies cubanas”.

Ó outro día recibiron a carta de que nese cacharriño de vidro estaban os restos do noso Filomeno como lle chamaban eles o seu parente. Agora decídeme: ¿Estivo ben o que fixeron? ¿Pódeselle chamar antropófagos?  Se non queimaran ós mortos non lle houbera pasado iso.

Pero aínda hai máis, moito máis, pero non vos conto todo. Só quero dicirvos que non hai moitos días lin nunha Gran Enciclopedia (que para min non era tan grande; era coma un libroImagen3.png calquera, máis ben mediano) que o atraso da India é debido á falta de fósforo. E aí vou eu a parar; claro que se debe a iso: na India queiman os mortos e perden o fósforo. Se os enterraran, o fósforo ía para a terra que os vexetais tamén necesitan fósforo para desenrolarse. E en todo mundo civilizado o que non anda ben da chaveta, é dicir: que os miolos do cerebro da cabeza non lle regulan como fose mester, os psicólogos, psiquiatras e outros sabichóns din: ese ten falta de fósforo. ¿E iso a que se debe? A queimar os mortos.

E agora só vos vou contar, e xa non quero contar máis, ata onde chega a falta de fósforo nas persoas. Este día dando un paseo de Muros ó Espadanal, atopeime na Cova de Vella cunha coñecida, e saudeina dicíndolle:

–Fulaniña –non teño por que dicilo nome–, ¿e de onde ves?

–Veño de rezarlle o defunto do meu home que o teño  por aquí.

–¿Aquí en onde?

–Aquí, ciscallado todo por aquí.

–Pero onde, ¿pola banda do mar ou pola banda do monte?Imagen4.png

–Metade e metade. Metade para o mar e metade para o monte.

E coidei que non soamente estaba tola ela senón que tamén estábame contaxiando a min. Cando xa no sabía como remata-la conversa, nin que facer con ela, ocorréuseme falarlle:

Pero mira muller, razoa. ¿Cómo o vas ter aquí ó defunto do teu home, se por aquí non hai ningún camposanto.

E cal non sería a miña sorpresa cando me di:

–Non o enterramos. Mandámolo a queimar e espallamos todo  por aquí as cinzas; botámolas a eito: metade para o mar e metade para a terra.

Agora dicirme vós: ¿Débense queimar os mortos? De seguir por este vieiro, ¿non coidades que imos a quedar todos sen fósforo?

¡Isto chéirame moito ó chamusco!

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s