FABULA DA VILA.

O GOLPE ALFONSO  NUNHAS BODAS NO CEO

p/ José María García Rodríguez.

Nós tamén lle chamamos golpes aos raposos. Iste meu, «Alfonso» de nome, é un pouquiño coitado, parviolo e atronado. De non sélo non lle pasarían as cousas que teve que sofrer. Un día atopóu un poliño chamado «Pinto» e metéulle o dente. «Pinto» pregóulle:  Déixame solto e vívo. Si agora me papas, perdes un mundo. Si esperas un mes, ficaréi san e gordo e dárache gosto manxarme. Vés a porta do poleiro, e con que digas «Pintirio, meu amor», veño correndo…

O discurso fói longo e «Alfonso», na veceira de comelo polo, deixóuno ir. Cando voltóu a buscalo, pasadas catro semáns, batéu e batéu na porta do galiñeiro e ninguén saiú. Churumicando, fóise pra debaixo dunha cerdeira. Miraba as cereixas con cobiza. Si non estiveran tan outas, até as papaba. ¡Moi mao tén que andar un raposo cando o tentan as cereixas bermellirias! Dalí escorrentárono uns cans. Fóronse. Voltóu a cerdeira. Véuno un águia e perguntóulle: fás?

—Ficaríache graelo, si me axudases a papar algunhas cereixas. Dende onte non manxéi ren.

—¡Bah! ¡Cereixas! Si queres pódoche levar a unhas bodas no ceo. Alí hái polos e galos, cucidos e frixidos; queixos de calquer cras, filloas e virios…Imagen4.png

—Imos pra aló, saloucóu «Alfonso».

A águía pillóuno antre as unllas e botóu a voiar, pra enriba, pra enriba. Canto máis rubían máis queimaba o sol. Pro non se vían as bodas. 0 golpe, coa contentura de maxinarse comendo quente, non se daba conta das incomodidades…

a águia ficóu cansada.

Oes, ó, dóencheme as azas…  soltóuno. 0 raposo iña polos aéres, de acó pra acolá, voiando e caíndo, tan lonxe do chan que por ningures se vía. E dixo cantarolando: —Si Deus quixer e dista non morro, as bodas do ceo non volvo…

raposo semellaba unha folla no vento. Baixaba, baixaba. Cada veceira máis depresa. Coa boca arregañada co medo eos ollos abertos, esculcóu debaixo de sí unhas pedras. Berróulle con toda a forza dos seus liviáns:

—¡Arrédate, laxe, que che fendo! ¡Arrédate!

A laxe non se arredaba. «Alfonso» tiña encollido o seu corazón, cando lle dóu na cacheira un ventiño que botábao pra enriba do río Tambre.

No xuncal non, que me poido espiñar…

Caíu na iauga e fói pra o fondo. Xurdén e púxose a batuxar. E ao mesmo tempo dicía:

—Xa que teño que ir a Fisterra,

máis millor vóu por mar que por terra…

Pois mira por onde iste contirio tén moitos ensinos, 0 pirmeiro, si tés paxaro na man non deixes que voe. 0 segundo, non batas na porta onde non vaxas a ser benvido. O terceiro, quen non pode comer carne, come peixe ou calquera outra cousa que lle deixen. O cuarto, non acredites en verbas mintireiras nin te deites riba delas pra soñar. 0 quinto, non hai millor cousa que arrependerse das parvadas, sempre que non vaias a embicar duas veceiras na mesma pedra. 0 sesto, cando non te poidas defender, ameaza a quen mal che pode facer. A última, resiñate a túa sorte, que a Fisterra o mesmo se vái por mar que por terra.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s