Sistemas silvopastorais (I). Apuntes básicos.

p/ José Antonio Lago Lestón.

Enxeñeiro Tecnico Forestal,

Con esta pequena serie de escritos gustaríame dar unhas directrices básicas en diferentes aproveitamentos forestais diferentes o simple aproveitamento madeireiro, tanto o realizado mediante a venda de madeira que chegou o seu turno de corta, como aquel aproveitamento realizado por acopio de leñas, e/ou aproveitamentos imagen1extraordinarios, normalmente de baixa calidade, debidos a incendios, pragas ou, menos común, expropiacións de solos e/ou voos arborados. Enténdese como expropiación de voo aquel no que por diversas causas non se pode deixar crecer o arborado (líneas eléctricas e máquinas aeroxeneradoras son as máis usuais).

Como primeiro aproveitamento, creo que básico e primordial para ter un monte do cal se poida sacar un máximo rendemento, o mesmo tempo que evitamos en gran maneira a problemática dos incendios forestais serían os sistemas silvopastorais, ou aproveitamentos silvopastorais.

Pódese definir un sistema silvopastoral aquel no cal se pode sacar un doble rendemento do monte: por un lado o propio de madeira e/ou leñas e por outro lado o aproveitamento gandeiro, mediante o pasto herbáceo e/ou arbustivo. Conseguindo desta maneira un consumo dos recursos casi óptimo. O mesmo tempo, en zonas como a nosa, sirve de defensa ante os lumes forestais, pois consúmese biomasa que doutra maneira se iría acumulando ata convertir un posible producto/beneficio nun problema.

A ter en conta que xa nalgún monte das parroquias de Muros se encontran implantados, dun ou doutro xeito, aproveitamentos deste tipo, debéndose diferenciar daqueles animais que están ceibos e sen control, os cales poden causar accidentes, como desgraciadamente xa vimos fai poucas datas no veciño concello de Mazaricos, nos límites con Muros.

Dos aproveitamentos existentes, monte de Esteiro e montes de Torea, teño a miña opinión, a cal me ides deixar que non a expoña, pois o de Torea non o coñezo ben, e o de Esteiro creo que, na miña humilde opinión, se podería mellorar xa dende o momento da implantación, pero son opinións persoais, e para nada unha crítica o traballo realizado.

Os animais máis interesantes para poder aplicar un sistema deste tipo serían o cabalo, cabra, vacImagen2.pnga e ovella, tendo en conta tamén para certos sitios (aproveitamente de soutos e carballeiras, ou suplementando con alimento da explotación) o porco celta. Cada un ten os seus pros e os seus contras.

O cabalo ten unha baixa demanda e un precio irrisorio no mercado, e vese atacado frecuentemente polo lobo, ainda que fai un bo aproveitamento de pastos arbustivos pero non do fento.

A cabra necesita maior infraestructura xa que deben recollerse pola noite, o igual que a ovella, pero o igual que o cabalo é boa consumidora de toxos e silvas, ainda que non controla o fento, ten saida no mercado en forma de cabrito de gran calidade. Deben utilizarse razas moi rústicas, como a cabra galega, perfectamente adaptada a este tipo de aproveitamento.

A vaca non é válida, ou non é óptima,  para entrar nun sistema que esté en fase inicial, xa que necesita especies pratenses, que van aparecendo cando as máis lignificadas son consumidas. Ainda que algunhas razas rústicas galegas si que consumen certas ericáceas.

A ter en conta nestes aproveitamentos as razas galegas, entre ellas a Vaca Cachena (a máis pequena de todas as razas autóctonas), Vaca Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa e como non a Vaca Rubia Galega, que buscando aquelas estirpesImagen3.png máis rústicas, con mellores índices de parto natural, poden ser unha gran opción de aproveitamento.

A rotación de animais podería ser: cabalo/cabra, vaca, ovella, variando a carga gandeira de cada unha co paso do tempo, adecuando as novas condicións nutricionais da parcela. Tamén existen estudios nos cales en sistemas mixtos de cabras e vacas simultaneamente, estas últimas teñen unha maior ganancia de peso, xa que as cabras comen as plantas con máis lignina, menos apetecibles e nutritivas, deixando maior alimento de calidade dispoñible para as vacas e favorecendo a aparición de especies con maior aporte nutritivo.

Algún dato i experencias a ter en conta:

Pinar en Monfero: antes de empezar o pastoreo existía un mato con altura media de 2m  e unha biomasa de 40-50 toneladas de materia verde por hectárea. O cabo de tres anos a altura media do mato era de 10-15 cm e a biomasa de 1-4 toneladas de materia verde por hectárea.

San Breixo (Guitiriz): Sistema  experimental con dous manexos: continuo e rotacional.

En ámbolos dous casos a materia verde dispoñible o cabo de 20 meses baixou de 20 toneladas de materia verde dispoñible a 1 tonelada de materia verde, sendo a diferencia entre un sistema e outro, a medio plazo, case insignificante, polo cal non sae rentable un sistema rotacional debido os maiores custos de implantación e dificultades no manexo.

Couto do Muiño (Zas): implantación de pastoreo sobre eucaliptal logo de corta a feito, queima de restos e entrada de gando. Deixouse parcela testigo sen pastorear. O cabo de tres anos, na parcela testigo había un mato de 1,5 m de altura e 45 toneladas de materia verde por hectárea. Na zona pastoreada unha altura media de 20 cm e 10 toneladas de materia verde por hectárea. Aparte o arbolado nacido por rebrote de cepa era moito máis alto e groso na parcela pastoreada que na control, o que se pode explicar por unha menor competencia, tanto en nutrites como pola luz nos primeiros anos, e a movilización de nutrintes a través do aparato dixestivo dos animais.

No seguinte, se teñen a ben no TMT, gustaríame dar uns apuntes sobre datos económicos deste tipo de aproveitamento, tanto aqueles facilmente monetizables (venta de gando) como aqueles gastos que se evitan (desbroces) e a súa cuantificación.

 

Anuncio publicitario

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s