As obras da Capela do Carme.

Despois de moitos anos de espera para que deran comezo, fai uns meses a empresa concesionaria da  execución das obras de mellora da Capela do Carme, rematou a primeira fase.

As obras foron licitadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e por RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012 fíxose pública a formalización do contrato de obras de rehabilitación da capela da Virxe do Carme en Muros (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.   O orzamento base de licitación foi de 161.901,90 euros, (IVE excluído), sendo o Importe da adxudicación: 133.245,26 euros, (IVE excluído).  A adxudicación fíxose por ser a “oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento”.

Velaiquí un pequeno reportaxe gráfico:

Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario