O método CES como solución ás colonias felinas.

p/ Cintia París

 Dende tempos inmemoriais o gato convive co ser humano e na sociedade de hoxe en día no ía ser menos. Moitos pobos e cidades teñen que vivir preto de colonias de gatos que por uns motivos ou por outros ficáronse nun territorio en concreto, imagen2as veces afastados e outras veces ao lado da nosa vivenda.

Cando os veciños se encontran con esta situación poden ocorrer, en normas xerais, dúas cousas: en primeiro lugar, os veciños amantes dos animais axudarán a que non lles falte de comer e de beber e tentarán facerlle a súa estancia na rúa máis sinxela; en segundo lugar, os veciños en contra de que unha colonia felina se instale preto da súa casa desexarán que se quiten de alí o antes posible. Noutros casos, existe xente cruel que decide tomar as rendas de actuación pola súa conta e dedícase ao exterminio felino dunha maneira moi pouco moral (utilizando escopetas, tirándolle pedras, envelenando a comida, etc), cuxas consecuencias para o autor están penadas pola lei.

Ben é certo que os gatos poden traer moitas molestias para a vida cotiá de calquera persoa xa queImagen3.pngteñen que soportar cheiros, o miañar dos gatos ou pelexas entre eles. Ata fai pouco as solucións principais para erradicar o problema foron a captura dos animais e a súa eutanasia ou a privación de comida para que se foran ou morreran de inanición. É fácil pensar que, desta maneira, os gatos desistirán e marcharán ou morrerán pero estámonos esquecendo da natureza dos felinos que se basea na territorialidade e na supervivencia. Se a un gato se lle quita a comida buscará outra fonte de alimento que o sustente, e si se procede á eutanasia do gato será cuestión de días que esa zona sexa ocupada por outra colonia felina, e volta a empezar.

Para solucionar esta situación, as asociacións a prol dos animais puxeron en práctica un método que ate agora resultou ser o máis eficaz: o método CES (Capturar-Esterilizar-Soltar). Para levar a cabo esta práctica hai que comezar por autorizar a unha serie de persoas para que sexan as coidadoras das colonias. Estas persoas levarán un control da colonia anotando o número aproximado dos gatos existentes, o sexo, o seu carácter (se son dóciles ou máis salvaxes), as esterilizacións que se levan a cabo, etc. Asemade, administraralles porcións de penso acorde co número de gatos da colonia para evitar, así, que sobre comida e outros gatos  veñan a aproveitarse das sobras. Despois, retirarase os comedeiros e limparanse os restos de comida.

Os gatos familiarizaranse cos coidadores da colonia e sentiranse máis cómodos e será máis sinxelo o seguinte paso: a captura. Pasado o tempo de familiarización procederase á captura dos gatos para a súa esterilización. Esta capturaImagen5.png farase cunha gaiola adecuada que conte con ventilación e que sexa das medidas adecuadas para evitarlle incomodidade ao gato. Colocaranse as gaiolas uns días antes e deixaranse alí para que os gatos se vaian acostumando a ela e, despois, procederase á captura poñendo comida dentro a modo de gaiola trampa.

Unha vez que o gato xa se encontra preparado para a esterilización farase o máis rápido posible xa que resultará un acto de moito estrés para o felino. O postoperatorio durará unhas 24 horas no caso dos machos e 6 días no caso das femias e, unha vez pasadas, devolverase ao gato a súa colonia no mesmo sitio no que se atrapou. De tratarse dun gato dócil e facilmente sociable, porase en adopción. Para saber que o gato foi esterilizado e para evitar máis angustia no futuro, marcarase cun corte na orella moi pequeno. Antes usábanse tatuaxes ou outras marcas na pel pero non eran visíbeis salvo por aproximación, e non sempre era posible. Despois de que os gatos da colonia resulten esterilizados, o proceso non acaba aí xa que os coidadores farán un seguimento para que os felinos se recuperen de todo e saber se a súa conduta segue a ser a mesa ou si hai cambios a causa da operación, e vixiar posibles novos individuos que aparecen, xeralmente, por abandono de gatos domésticos.

As colonias esterilizadas e controladas reducen o seu número de membros de forma natural.

Co método CES os gatos acollerán unha conduta máis tranquila e amainarán as marcaxes ca ouriña pImagen4.pngolo que os malos cheiros desaparecerán e os miaños e as pelexas veranse reducidos considerablemente pola falta de impulso para procrear. O ideal sería a colocación dunha placa informativa da existencia dunha colonia felina controlada por coidadores para que a xente colla conciencia de que non se lle pode dar de comer sobras, estresar aos gatos ou levar a cabo prácticas vandálicas.

Ben é certo que o método CES require tamén apoio dos veciños xa que as esterilizacións e a alimentación dos animais precisan de cartos para levarse á práctica. Entre todos poderemos conservar unha boa convivencia entre cidadáns e animais sen ter que recorrer a métodos inmorais e pouco efectivos. Hai que ser conscientes de que as colonias felinas van a existir sempre e que son precisas para o control de insectos e roedores polo que tamén fan unha boa labor social. Temos que comprender e actuar sendo responsables en todo momento e manter unha boa vontade para que se resolva o problema das molestias das colonias, e o método CES é o adecuado. Dende as asociacións que loitamos por isto, precisamos a colaboración de todos os veciños e temos esperanza de que así sexa. Por eles, por nós.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s