O apelido Muros .

O apelido MUROS  é de procedencia galega, con casas solares que radicaron precisamente na vila deste nome, así como na vila de Noia. Localízanse antecedentes de tan adiñeirada familia que morou moi próxima á ría de Muros con anterioridade imagen1aos anos 1.400.

Os seus compoñentes máis destacados engadiron aos seus nomes o toponímico de «Muros». Parece ser que a súa orixe fíxase en don Diego Rodríguez de Muros, nacido polos anos 1.300, xa que con anterioridade os desta familia aínda non utilizaran o patronímico Muros.

Un dos personaxes máis famoso desta familia foi don Diego de Muros, que foi chamado «Muros I» que foi bispo de Tui e Cidade Rodrigo e que tomou o hábito da Mercé en Salamanca o 21 de maio de 1.472. Foi Comendador de Huete en 1.456, definidor do Capítulo Xeral de Játiva en 1.460 e redentor de cativos por Castela ao ser Provincial da Orde da Mercé no citado Reino.

En 1.465 foi nomeado polo rei Enrique IV o seu capelán cun soldo de trinta mil maravedises situado en rendas de Galicia, que posteriormente se fixarían en rendas reais da vila de Muros. O 15 de xuño de 1.472 foi nomeado bispo de Tuy, o que lle situou de novo en Galicia, á beira da súa poderosa familia. Nos anos seguintes foi nomeado Oidor na Audiencia de Valladolid, o que non lle impediu levar a efecto unha axitada vida política en Galicia a resultas da cal foi encarcerado en Portugal a finais de 1.477. Unha vez libre, foi embaixador español en Roma, servindo aos Reis Católicos, chegando a convencer ao papa para que excomulgara ao conde de Sotomayor, que durante toda a súa vida foi o seu mortal inimigo.

O apelido Muros estendeuse rapidamente polo resto da Península, con preferencia en ambas as Castillas e Andalucía. Coñécense dous escudos do apelido: Un consistente en campo de prata cunha cruz de gules e outro cuartelado: 1º e 3º, barras de azur sobre prata cunha estrela de ouro: 2º barras vermellas sobre fondo amarelo e 4º barras de prata sobre fondo azur.

ARMAS: En campo de prata cunha cruz de gules.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s