Resumindo: Sempre en Galiza.

Sempre en Galiza en frases:

Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Publicada o 10 de marzo de 1944 en Bos Aires,

 

<< O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos >>

<< ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a linguaImagen1.pngde Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? >>

<< E somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosacapacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas.

<< O galego é a forma máis antiga das linguas neolatinas de Hespaña e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario. >>

<< A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale un idioma diferente do castelán. >>

<< Castela non ten máis de tres séculos de antigüedade sobor das nacións de América >>

<< A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que  carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia. >>

<< Chegan a decir que o problema galego igual que o vasco e catalán, depende da solución que acorde a maioría dos hespañoes… ¡Estábamos aviados! >>

<< Tódolos escritores casteláns do século XVII e XVIII adicáronse a luxar o nome e o creto dos galegos >>

<< Embafouse o perfil das nosas arelas; pero aínda é doado creer que, polas mudanzas do mundo, se reImagen2.pngstaure a unidade galega, se non na integridade da provincia romana ou do reino suevo polo menos na do período cultural que na esfera da crítica literaria se vén chamando “galaico-portugués”. >>

<< É seguro que Galiza e Portugal se axuntarán algún día >>

<< O pobo é somentes soberán o día das eleccións >>

<< As tres nacionalidades foran asoballadas violentamente: pero non ao mesmo tempo (Galiza foino no século XV, Cataluña no XVIII i Euzcadi no XIX), e por eso non poden ser idénticas no recordo das institucións perdidas, no resentimento que deixaron as guerras civíes e, polo tanto, na vontade reivindicadora. >>

<< Os galegos tiñan unha cultura anterior e superior á de Castela,e contaban con institucións foraes que concedían aos labregos un comezo de propiedade >>

<< Os soldados galegos loitaron na guerra como loitan nas romerías:aturuxando e sen temer á morte. >>

<< Os elementos de dereita soio conciben unha patria artificial, posta ao servicio do seus intereses >>

<< As casa aldeáns, espalladas, forman un grupo natural de poucos habitantes, chamado “lugar”. (…) Os “lugares”, espallados, compoñenun agrupamento que se chama “parroquia”. Esta entidade é o antigo clan dos celtas >>

<< O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á Xusticia >>

<< O idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero logrou degradalo. >>

<< Cataluña, Euzcadi e Galiza teñen a misión histórica de trasnformaren a estructura xurídica de Hespaña; pero Galiza ten, ademáis, outra misión trascendente: a de atraguer Portugal á comunidade da gran familia hispánica. >>

<< O “pricilianismo” botou raíces tan fondas na alma mística deGaliza que, a pesares das pauliñas dos cregos, o noso pobo aldeán sigue sendo heterodoxo. >>

<< Os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; Imagen3.pngoscasteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do “carácter nacional”

<< A partir de Galiza e de Asturias foise gañando aos mouros o que despois soio sirveu para engrandecer a Castela; pero en canto se cerrou a Reconquista fomos aldraxados e repudiados. >>

<< A partir de Galiza e de Asturias foise gañando aos mouros o que despois soio sirveu para engrandecer a Castela. >>

<< A invención do corpo do Apóstolo foi unha maniobra estratéxica de Carlomagno para enquistar a invación árabe >>

<< Os proxenitores da nosa caste chegaran a Irlanda e formaran alí un acorro inexpugnable das esencias celtas. >>

<< Porque as vacas e os bois merecen máis amor que os touros bravos. >>

<< Nós queremos ser hespañoes, pero a condición de que este nome non nos obrigue a sermos casteláns. >>

<< A cidade cree que fóra dela non hai máis que paisaxe, patacas, e leite…; ignoran que tamén existe unha cultura nobre, antiquísima e insobornable. >>

<< A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso. >>

<< Pero dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso espírito, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser nacional. >>

<< O que non lle dá de comer a unha vaca no ten dereito a muxila>>

<< Val máis unha Terra con albres nos montes que un Estado con ouro nos Bancos. >>

<< A vaca é o símbolo da paz. >>

<< Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable deobras de arte. >>

<< Non hai máis solución que o federalismo para chegar á paz domundo. >>

<< Se a cultura é o mellor froito da nación, será preciso recoñecerque non hai vida nacional única onde existan diversas culturas. >>

<< Non: o internacionalismo eficaz non deserta das patrias, senón que as transforma en órgaos dunha nova humanidade. >>

<< Sempre queda o recurso de petar na alma das moitedumes até promover un estado de opinión revolucionaria. >>

<< Galiza foi un Reino independente até o século XV e despois gozoudas ventaxas do réxime autónomo até ben entrado o século XIX. >>

<< Galiza soio merecerá respeto cando abandoemos a nosa Imagen4.pngmansedume,despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente. >>

<< Somos tan galegos hoxe como éramos no século XV, antes de sermos asoballados polos “Reis Católicos”. >>

<< A nosa “lingua rústica” vive porque aínda temos moito que decirnela >>

<< Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma. >>

<< O miragre da existencia diferenciada de Galiza, a través de tantos erros e miserias históricas, proba que do chan galegoxurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortaes. >>

<< ¿Quen pode, pois, salvar a Galiza? Galiza mesma >>

<< Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira >>

<< A vergonza é pior que a fame >>

—-XXX—-

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Cousas que interesan, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s