O TRAXE DE MURADANA

Do Blog de XIMIELA (https://ximiela.wordpress.com)

Son poucas as comarcas onde se conservan todas as pezas da indumentaria tradicional, pero durante séculos a vila de Muros gardou e conservou a súas tradicións e costumes, entre elas, o seu traxe tradicional. Trátase dunha das poucas comarcas que, aínda a día de hoxe conserva todas e cada unha das pezas do seu traxe tradicional.

O traxe de Muros destaca pola súa beleza, elegancia e sinxeleza. Son numerosas as citas que fan referencia ó predominio da cor negra, así o pon de manifesto Antonio Fraguas Fraguas no seu libro El traje gallego, Manuel Murguía, Emilia Parda Bazán,…

Imagen1.png

As pezas máis destacadas son:

  • Saiade brocado negro.
  • Mantelode pano con zócalo de veludo ( ou de brocado), bordado sobre guipur.
  • Chaquetade brocado, adornada en algunhas ocasións con guipur bordado.
  • Mantón de Manila, que se anuda sobre o peito.
  • Mantilla ou Mantela, que en ocasións tamén está adornada con guipur bordado.

 

Pero sen dúbida, a mellor descrición do traxe de Muros é a que nos deixou Rosalía de Castro:

 

As de Muros, tan finiñas

que un coidara que se creban,Imagen2.png

c´aquelas caras de virxe,

c´aqueles ollos de almendra,

c´aqueles cabelos longos

xuntados en longas trenzas,

c´aqueles cores rousados

cal si a aurora llos puñera,

pois así son de soaves

como a aurora que comeza;

descendentes das airosas

fillas da pagana Grecia,

elas de negro se visten,

delgadiñas e lixeiras,

refaixo e mantelo negro,

zapato e media de seda,Imagen3.png

negra chaqueta de raso,

mantilla da mesma peza,

con terciopelo adornado

canto enriba de sí levan;

fillas de reinas parecen,

griegas estatuas semellan

si a un raio de sol poniente

repousadas se contempran;

ricos panos de Manila,

brancos e cor de sireixa,

crúzanse sobre o seu seio

con pudorosa modestia,

e por antre eles relosen,

como brillantes estrelas,

aderesos e collares

de diamantes e de perlas,

pendentes de filigrana

e pechuguiñas de cera.

 

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s