O reloxo de sol da calle ancha

p/ Manuel Lago Álvarez.

Fotografías: José M. Formoso Luces.

            Non son moitos os reloxos de sol que hai en Muros.  Como moito, non máis de dez.  O máis coñecido é o que está situado na calle ancha no lado dereito Imagen3.pngda fachada da casa número catro. Este reloxo ten gravada en letras negras opacas  na súa parte superior a fecha de 1811, que pode corresponderse coa data de construción ou a posta nese lugar.

O reloxo é de tipo rectangular (máis alto que ancho). Feito en granito, as súas dimensións apenas alcanzan os 32x 42 centímetros.  Está apoiado nunha ménsula de pedra.  A cara visible ten fondo branco Imagen1.pnge sobre ela un gnomon triangular que no andar do sol indica coa súa sombra sobre unhas liñas pintadas de negro, as horas e medias horas (as horas danas as liñas longas e as medias horas as curtas).  Os números das horas están nos laterais e na parte inferior do rectángulo, e tamén gravados na pedra.  Os números están gravados en numeración romana, estando os dos laterais en posición de rebaixe oblicuo. En canto a numeración romana usada polo artista-canteiro que o construíu, a anécdota dáse polo feito de que para indicar o número correspondente as nove da maña utiliza a grafía VIIII, e para indicar o correspondente as catro da tarde usou a grafía IIII.

Con todo o reloxo da calle ancha é unha peza da arquitectura civil muradana que merece ser coidado, e lixeiramente corrixida a súa posición con respecto ao sol, xa que ten unha pequena deriva duns poucos grados.

 

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s