p/ Manuel Lago Álvarez.
As fontes son unha parte importante do noso patrimonio etnográfico. Dende sempre foron usadas polos veciños para abastecer os seus fogares do precisado líquido. No noso Concello hai unha morea delas. Pese a que a práctica totalidade dos fogares dispoñen de auga das “traídas”, moitas das fontes seguen sendo usadas polos veciños pola calidade das súas augas.
Relaciono aquí as fontes máis coñecidas. Seguramente hai moitas máis. Se alguén sabe de algunha que non estea na relación, que o comente no FB. Tomarei nota para incluílas.
Parroquia de Louro:
As Pombas, Fontecomido, Cuchariños, Fonte de Baixo, A Pontella-Pallagueira, Vieta, Faro de Montelouro, Filgueira, Igrexa, San Francisco-Piñeiral, Taxes, Ventín, Romiña.
Parroquia de Muros:
Alivía, Axesta, Carmen, Fontevella, Chalón, San Xosé, Castiñeiro, Campo de Cortes, Curro da Praza, Virxe do Camiño, Palomar, Fonte de Baixo.
Parroquia de Serres:
Catalán, Retiro, Campo da Torea, Campo de San Ramón, A Vesada, Valdexería (Insuas), Baño-Estrada), Badernado (Arteiro), Casteliño, Sestaio-Fondo.
Parroquia de Abelleira:
Xuntis, Vilar, Bornalle, Igrexa.
Parroquia de Torea:
San Xián, Lestón de Arriba, Vistabós, Torea, Riomao, Cornes.
Parroquia de Tal:
Rego do Cura, Praza Victoria, A Pendente, A Sanchiña.
Parroquia de Esteiro:
Trasdacosta, Lavadoiro-Trión, Solleiros,Fonte da Marta-Solleiros, Plácido, Mato Vello-Uhía, Pontella-Maio, Reboredo, Silvosa, Mexadoira-Trión, Fonte da Cova-Trión, Barreiros-Creo, Fontenla.