NA ÓPTICA

p/ Marcelino García Lariño

A ninguén lle gusta que o traten mal, que o aldraxen ou que, aínda disimuladamente, lle digan que está tolo sen selo.Imagen6.png

Isto pasoume a min que non é conto. Co gallo de que se me caía o vidro do ollo esquerdo… e permítanme que faga unha aclaración porque a min gústame chamarlle as cousas polo seu nome, ó pan, pan e ó viño, viño: non me caía a vidro do ollo esquerdo toda vez que no ollo non tiña mal ningún; non me interpreten mal; o mal estaba nas gafas que me caía o vidro do lado esquerdo dos anteollos, fun a unha óptica moi renomeada a que me solucionasen o problema.

E así foi. Atendeumo un mozo moi cortés e moi refinado e cando levándome as gafas na man para amañarmas, ó pasar mesmo por diante doutra empregada, moi guapiña e feituquiña, mirando para min preguntoulle  ó seu colega ou compañeiro, que tanto me ten:

–¿Qué lle pasa ó señor?

–Hai que apertarlle a caravilla.

–¡Cómo! –berrei o tempo que dando un pulo coma unha fera arrabeada, de onde estaba sentado planteime diante del disposto xa para zoscarlle– ¿Pero ti mequetrefe do carallo posme a min por tolo? ¡Cousa que aínda non fixo ninguén! Me cago ata..

Non me deixaron terminar. O mozo, e a moza tamén pero non tanto, desfacíase en desculpasImagen7.png pedíndome mil perdóns mil veces. Facíame reverencias e non era quen de acougar. Dicíame:

–¡Señor, señor! Cálmese por favor. Non se poña nervioso. Escoite, escoite, por favor. Mire, a caravilla que dixen que había que premer, non era a súa, Deus me libre de semellante cousa, senón a da gafa que suxeita o cristal, e para demostrarllo veña, por favor, veña comigo para que se decate cos seus propias ollos.

Levoume con el e era certo. Apreixou o parafuso (o meu non; o dos lentes) e quedáronme noviños do trinque. Non me cobrou nada; ofrecéuseme para todo que me fixera falta, e acompañoume ata a porta.

Pero é o que digo eu. Hai que falar con propiedade e con precisión, e non mesturar nin trabucar as cousas, nin dicir unhas por outras. Hai que chamarlle as cousas polo seu nome, como fago eu: ó pan, pan e ó viño, viño.

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s