Cando te sintas só
p/ Antonio Rey
Cando penses que estás só
e tódalas portas semellen pechadas,
cando as cousas se tornen esgrevias
e comeces a pensar que non hai saída…
Cando vexas con claridade
a miseria do corpo
(xente remexendo no lixo)
e a miseria da alma
(asasinos, ladróns, maledicentes…)
Cando vexas as persoas falar soas na rua
e a loucura gaña-los corazóns,
Cando esteas tentado de ficar paralizado
e queixarte ao ver o que fan outros.
Pensa naquel mozo, galego e emigrante,
que sen medios cruzou a mar un día.
E se aínda non che alcanza
e arrincar é moi difícil,
mira atento aos ollos dos teus fillos
e saberás por que tes que loitar.