A voz dos nosos poetas: «Cando te sintas só»

Cando te sintas só

 p/ Antonio Rey

 Cando penses que estás só

e tódalas portas semellen pechadas,Imagen1

cando as cousas se tornen esgrevias

e comeces a pensar que non hai saída…

Cando vexas con claridade

a miseria do corpo

(xente remexendo no lixo)

e a miseria da alma

(asasinos, ladróns, maledicentes…)

Cando vexas as persoas falar soas na rua

e a loucura gaña-los corazóns,

Cando esteas tentado de ficar paralizado

e queixarte ao ver o que fan outros.

Pensa naquel mozo, galego e emigrante,

que sen medios cruzou a mar un día.

 

E se aínda non che alcanza

e arrincar é moi difícil,

mira atento aos ollos dos teus fillos

e saberás por que tes que loitar.

 

Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario