A peregrinación de 1909

p/ Manuel Lago Álvarez

 A peregrinación do Arciprestado de Entíns a Compostela co galo do Ano Santo de 1909, foi unha das máis multitudinarias que se lembran na cidade do Imagen6.pngApóstolo.  O día elixido foi o 10 de agosto, e pese a ser un día laborable, non por eso a afluencia de fieis foi escasa.  Aproveitando o fin de semana e a celebración en Santiago da Exposición Rexional Galega, a presencia muradana foi más que notable. Esta exposición foi visitada polo Rei Alfonso XIII o 25 de xullo, quen pernoctou no Hospital Real.  Como anécdota da pernota do Rei en Compostela, engadir que a cama onde o Rei Alfonso durmiu, atópase  hoxe, -conservándose en moi bó estado-,  nun domicilio de Muros.

O groso dos peregrinos chegou de madrugada a Santiago, concentrándose as nove e media da mañá no Paseo da Ferradura, e sobre as 10,30 dispuxéronse a entrar na cidade.  Fixeron a entrada pola Porta Faxeira, seguindo pola Rúa do Vilar, Praza das Praterías e Praza de Alfonso XII, ata chegar á Catedral.  Abría a marcha un grupo de homes, ao fronte dos cales, e portando un estandarte, atopábase o Xuíz de Primeira Instancia de Muros Don José González LLana e Fagoaga, e recollendo as cintas, Don Paulino Lago González, secretario do Xulgado Municipal, e o comerciante muradano Don Francisco Dubert.  Na comitiva estaba tamén a Banda Municipal de Muros interpretando o himno da peregrinación. A Banda Municipal estaba dirixida polo seu director Don Valentín Alonso Arias, (mestre da Escola Pía de Muros).

A  continuación marchaba un numerosísimo grupo de mulleres seguindo un fermoso estandarte que portado pola Srta. Carolina Portals, recollendo as cintas as Srtas. Carmen García Beiro e Consuelo Roura Paz.  As rúas polas que transitou a comitiva estaban fermosamente engalanadas.  Durante a marcha disparáronse foguetes con profusión.  A comitiva estaba presidida polo Arcipreste e párroco de Muros, Don José Souto Iglesias e unha comisión do Concello composta polo Alcalde Sr. Piñeiro e o concelleiro Sr. Novoa López.

A porta do Obradoiro foron recibidos polo M.I. Sr. Deán.  No presbiterio esperabaos o Cardeal de Santiago Emmo. Don José María de la Herrera y de la Iglesia a quen acompañaban os M.I. Don Emilio Macía Ares, Mestreescola e Don Eugenio Fernández Arpón, Tesoureiro do Cabido.

Imagen5.png

Reunidos tódolos peregrinos dou comezo a celebración da Misa que foi celebrada polo Lcdo. Don Enrique Campos Piñeiro, párroco de San Orente de Entíns, rezando a continuación o Rosario o Lcdo Don José María Melendez, párroco de San Xoán de Roo. Acto seguido subiu ao púlpito  o Cardeal Arcebispo, que comezou a súa alocución felicitando efusivamente aos presentes pola grandiosa manifestación que acababan de facer; manifestación brillante, espontánea e ordenada.  albou a súa fe e a súa relixiosidade que contrastaba co escepticismo e indiferentismo modernos en cuestión de relixión e piedade.  Logo referiuse aos nefastos sucesos da semana tráxica de Barcelona.  A continuación explicou as indulxencias que ía conceder as medallas da peregrinación, dando esta por terminada coa súa bendición.

Antes de abandonar a Basílica os peregrinos, un  numeroso coro de muradanos cantou con exquisita harmonía e afinación un himno de despedida ao Apóstolo Santiago, con letra do Sr. Barcía Caballero e música do director da Banda Municipal de Muros Don Valentín Alonso Arias.  Velaiquí a letra do himno (a música descoñecese):

Adios, Patrón querido,

Señor Santiago;

ya que a honrarte venimosImagen4.png

dadnos en pago

paz en el alma,

paz en nuestros hogares,

paz en la Patria.

—-

Al postrarnos a tus plantas,

muy amado patrón nuestro,

humildes devotos tuyos

por siempre nos ofrecemos.

Ante tu santo sepulcro

hacemos solemne voto

de ser fieles defensores

de la fe de nuestro Apóstol.

Adios, adios, adios.

Contaron as crónicas que a peregrinación do Arciprestado de Entíns composta por 4500 persoas, fora –sen dúbida algunha- unha das máis numerosas que visitaron a Basílica compostelán.  Tamén se referiron os cronistas á beleza das mulleres muradanas, que lucían o fermoso traxe que tanta fama daba a Muros.

 

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s