LABREGOS E PESCOS

p/ Marcelino García Lariño

 Eu son dunha vila mariñeira rodeada de montañas. Non vos digo que vila e porto é porque con dicirvos que é a máis preciosa do mundo xa vos decatades Imagen1.pngque se trata de Muros. A súa ría e o seu mar son un tesouro, e os montes que a abranguen mesmamente son o belido estoxo que gorece esta tan prezada xoia.

Do mar ó monte a penas hai distancias: o treito é unha carreiriña dun can; saes da ribeira, sobes un chisquiño, e xa te atopas nun agro ou nunha leira. Os poboadores son proteicos, pois mesmo traballan na agricultura (labregos) coma na pesca (pescos). Tan é así que os brañegos adoitan facer traballos dos ribeiregos e os ribeiregos dos brañegos. A calquera deles podes vélos de labrador, gandeiro, pescador ou marisqueiro. Todos eles, uns e outros, son moi boas persoas.

No que si se diferencian son no carácter: o xorne do campesiño non é coma o do mariñeiro, nin o temperamento do mariño é coma o do aldeán. Neso son radicalmente distintos. O pesco é completamente extravertido, desinteresado, confiado, desprendido, gastador, como din elas “unha man aberta”; aberto para todo mundo tanto fala co indíxena coma co bárbaro, ninguén para el é estranxeiro.Todo tanto lle dá; chega do mar e xa non se preocupa doutra cousa que non sexa ir para a taberna a bota-la partida, ou para o peirao, ou a lonxa onde poida falar, esbardallar sempre cun ton de voz moi alto, como teñen que falar no mar por mor do vento e do bruído das ondas. A economía caseira corre a cargo da muller o mesmo que a educación dos fillos.

O labrego non, o labrego é retraído, desconfiado, retranqueiro, aforrador, mesquiño case avarento, o que se di “do puño cerrado”; a taberna só lles leva os cartos os día da feira, ese día si que gastan, e algún que outro domingo ou festivo. Receoso cos descoñecidos a penas lle da leria. Os únicos que lle levan os cartos e osImagen2.pngaforriños todos, que os arruínan, son os avogados. Esa é a súa debilidade, o seu punto  fraco. Gozan cos preitos, que o mesmo llo poñen ó veciño, coma o parente ou os irmáns pola cousa máis insignificante: o rego do regueiro, os lindes, os marcos, as partillas, a herdanza ou o cancelo. Para eles todo lle sirve con tal de pór un preito.

Eu, por razóns profesionais, e para que vos decatedes da idiosincrasia  de uns e de outros, vouvos contar dous casos:

O mariñeiro chega ó banco, xa entra ríndose e saudando cunha confianza coma se xa che coñecera de toda vida. Sen que lle preguntes xa  el che di: “Veño buscar cartos” ­. Pregúntaslle cantos, di o que quer levar, e xa antes de que llos deas di: “Onde hai que firmar” (o asinar goréntalle moito) e faino sen ler, aínda que sexa en branco. Dáslle o diñeiro e dislle repáseo. Nin che fai caso, iso para el é coma se lle retiraras a confianza. Méteos no bulso sen contar, e con moito aquel diche: “O banco nunca se equivoca”.

O labrego non. Entra xa mirando para un lado e para outro, saúda moi educadamente, iso si, e xa comeza co rol das preguntas e repreguntas: “¿E a como  están os intereses” “¿E se poño tal cantidade na conta, cánto me dan?” “Pois mire que noutros bancos pagan máis réditos”, “¿E se cambio de conta no me aumentan a renda?” E se por acó e se por aló, cando te das de conta xa vai media mañá fóra e non fixeches nada. Ó final, despois de horas e horas de preguntas e respostas, remata dicindo: “Mire, vounos levar todos por mor de que quero mercar unha finca, e aínda non me chegan que terei que vender o becerro na feira do doce” E aínda non termina aí; aínda che fai unha restra de consultas xurídicas que acabas por dicirlle que non entendes de compra ventas e que vaia ó avogado. Leva os cartiños todos, doullo o papel para asinar mentres lle vou contar os cartos, léeo de arriba abaixo e de babor a estribor. e chámame para dicirme: “Mire faga o favor que eu xa non vexo moi ben, ¿que é o que di aquí enriba de onde vostede me mandou asinar”  “Aí di: recibín”–“Pois mire, borre o recibín, e póñalle RECIBIREI”

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s