Os “sobres de primeiro día” son sobres con selo ou selos cancelados cun cuño especial do primeiro día de circulación oficial dunha emisión.
O anverso ilústrase cun motivo relativo ao tema da emisión. No sobre adhírese o selo que constitúe a emisión e estampar o cuño de primeiro día de circulación.
Os sobres de primeiro día están integrados por:
– O sobre de primeiro día de circulación
– Selo/s adherido/s
– O cuño de primeiro día
Estes sobres póñense en circulación para conmemorar un acontecemento relevante, merecente de ser lembrado no tempo. En Muros, por iniciativa da Sociedade Filatélica e Numismática Muradana, tivemos a sorte de formar parte durante anos, das poucas poboacións españolas que foron autorizadas por Correos para pór en circulación sobres de primeiro día.