IN MEMORIAM DO SEÑOR XAN BOUZAS LARIÑO, 30 anos despois.

p/ Manuel María Pena Silva.

XAN BOUZAS LARIÑO  (1.904-1.987).

A 30 anos do seu pasamento, cómpre facer memoria da súa figura, falar de Xan Bouzas Lariño, traelo ao campo do presente e, desde estas páxinas, Imagen2.pngonde a muradanía, sen resentimentos, sen distingos nin prexuízos, exerce cátedra de lembranzas, acolle e acubilla aos bos e xenerosos para lembralos, reivindicalos e, coma neste caso, para lles render tributo. É, para nós, a satisfacción dunha débeda histórica de obrigado cumprimento.

Poucas persoas temos visto con tanto entusiasmo, con tanta dispoñibilidade, con tanta entrega á nobre causa da transformación social e política do país, con maior amor a Galiza e máis coherencia no exercicio continuo dos seus ideais de xuventude durante a longa, negra e represiva etapa do franquismo, que o sinalara e reparara nel, con nome e apelidos para humillalo, para aldraxalo e estigmatizalo ideoloxicamente pola súa inquebratable posición antifascista e -por que non dicilo?- polas súas Imagen1.pngconviccións profundamente republicanas e mesmo comunistas. El, o Calaño (de alcume), ao respecto, endexamais falou pola boca pequena nin, por parecer correcto, para quedar mellor, en ningunha ocasión empregou disimulos. Tiña fe no futuro e acompañaba con obras o seu propio proxecto.

Home (en dimensión física) de pequeno tamaño, era (no plano ético e moral) grande, digno, leal, confiable, exemplo de resitente curtido, pero, sobre todo, valente e combativo. As campañas de desprestixio urdidas na súa contra, desde o nefasto Golpe de Estado do 36 e da Guerra Incivil reaccionaria,  non minguaran aquel espírito bravo, rebelde e inconformista dos seus anos mozos. Entre os militantes, nos momentos de confrontación e de loita (cabe salientar a mobilización promovida polo cura Ramón Valcarce Vega, Moncho, nas Encrovas, contra a voracidade de «Lignitos de Meirama» e a de Baldaio, «para denunciar o espolio que privaba á poboación do seu medio de vida e da propia praia como espazo de lecer», ámbolas dúas alá polo 1.977, etc.), a súa diminuta figura sobranceaba por exemplar e paradigmática, pois, aínda na máis crúa refrega, mantiña a compostura e sempre termaba da estreleira a pé firme.

A vida de Xan Bouzas Lariño -repetimos- non foi doada, estigmatizado e fichado como el estaba, Imagen3.pngimposibilitado para abrirse camiños fóra do horizonte vital, na navegación na mercante española e, non digamos xa, no estranxeiro; porque para iso, para acadar o imprescindible placet na libreta de embarque e mesmo para obter pasaporte, precisaba da preceptiva certificación de bos informes (de adhesión, claro está, ao réxime e de conducta relixiosa impecable) por parte das correpondentes autoridades militar, civil e clerical daquel estado censor, medievalizante, nacionalcatolicista. O home, este home, pois, viuso forzado á dura supervivencia, a aguantar, faenando no mar, ao abeiro da Ría, preto da casa, nun botiño familiar, sumándolle ás penalidades inherentes a un traballo precario e mal retribuído as aldraxes que aquel sistema alentaba e promovía nos veciños sen criterio, en contra súa.

Morre Franco. Franco morreu, pero na cama! (20 de novembro de 1.975), despois de catro décaImagen4.pngdas de dictadura, de dominio absoluto, de control completo sobre o país e sobre a poboación que, con man de férro, mantivo baixo férula, asoballados, coa boca pechada. A España das contradiccións, das desigualdades profundas e da diversidade territorial irredenta manifesta, sumida ata entón á clandestinidade ou nun estado semiletárxico, desperta, érguese, empurra abertamente a prol da democracia, trata de se abrir a novos rumbos e de transitar por outros camiños; é tempo de esperanza, de grandes optimismos…  E con tal ilusión volve, con renovados folgos, o noso conveciño Xan Bouzas á militancia orgánica e á primeira liña de acción, aportando o seu contributo de loitador e a súa experiencia mariñeira, arestora,Imagen7.png nas fileiras da AN-PG (carné número 1), da UPG e da INTG, é dicir, nos movementos nacionalistas galegos máis vivos, máis sobranceiros, e de clase.

Desde o BNG de Muros, queremos, hoxe, con motivo do trixésimo cabodano da defunción de X.B.L., dada a oportunidade que se nos brinda aquí e agora, pór esta nota de agradecemento ao home que aportou testemuño e deixou pegada indeleble na conciencia de moitos; porque, a pesar daqueles límites horrendos, foi quen de romper convencionalismos e ataduras e fixo historia gloriosa, cando a maioría dos seus contemporáneos, apáticos, miraban para o outro lado ou se resignaban acriticamente á triste condición de escravos; porque foi home cordial, amable, un ser humano no amplo (e no estricto) senso da palabra, un compañeiro máis, o amigo maior (por idade), pero humilde, igualándose aos demais na tarefa e facendo causa común a todos.

Por primeira vez (e tamén, de momento, pola última), aquel 17 de setembro de 1.987, tralas íntimas e familiares honras fúnebres na igrexa-colexiata Santa María do Campo de Muros, unha vez sementado no camposanto da vila, despois dunImagen6.png prolongado e denso silencio, resoou, emocionada, a voz única do vate, universal poeta da contorna e da patria, Antón Avilés de Taramancos:

Logo, de maneira solemne e consecuente, como corresponde dicirlle adeus a un connotado combatente patriota pola xustiza social e pola soberanía nosa, pechouse o acto de despedida cos cantos da Internacional e do Himno galego. Un día, sen dúbida, para ser recordado mentres sigamos vivos.

Viva a Galiza popular, igualitaria, orgullosa da súa singular identidade, dona de si, autodeterminada, luminosa, eterna…, que el levaba, coma un facho, no corazón, no íntimo do seu ser, no celme do seu sentir, no manancial do seu pensamento!.

Viva Xan Bouzas Lariño! O Calaño..! O resistente!

BNG de Muros:

Venceremos NÓS!

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente, Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s