Muros: As eleccións de 1837

p/ Manuel Lago Álvarez.

A Constitución de 1837, promulgada o día 26 de xuño, foi elaborada polas Cortes Constitucionais de 1836.  Esta Constitución en principio reducíaseImagen9 a unha revisión da Constitución de Cádiz, pero nesta ocasión a regulación da vida local española careceu da amplitude observada na Constitución de 1812. Só de tres artigos consta o Título XI (de deputacións provinciais e dos concellos), correspondendo aos artigos 69 a 71, que foron aprobados sen discusión. O seu contido prevía que para o goberno interior dos pobos habería concellos, nomeados polos veciños a quen a lei concede este dereito e que a lei determinaría a organización e funcións das deputacións provinciais e dos concellos.

A Lei Electoral de 1837 establecía un sufraxio censitario masculino, ou restrinxido, a favor de calquera persoa que, ademais de ter 25 anos cumpridos, e estar domiciliado na provincia onde fose votar, atopásese, no momento de elaborarse ou de rectificar as listas electorais, e cun ano de antelación, no suposto de contribuínte que pagase 200 reais, como mínimo, de contribucións directas; no caso de propietarios de predios propios rústicos ou urbanos, de gandos ou de establecementos de caza e pesca, e de profesionais, con estudos esixidos por lei, que tivesen unha renda líquida anual deImagen8.png 1.500 reais. Os labradores, que posuísen unha parella propia para o cultivo de terras, sen necesidade de xustificar o ingreso de renda algunha.

Tamén se incluían aos arrendatarios, ou aparceiros, que pagasen como mínimo 30 reais polas terras que cultivasen, incluídos os edificios ou artefactos, dedicados á mellora das mesmas, polos gandos ou polos establecementos de caza e pesca da súa propiedade. Tamén se incluían aos labradores que tivesen dous parellas propias para labrar as súas terras, ou as que cultivasen de propiedade allea en aluguer ou aparcería, sen ter que probar o aluguer que pagasen. De igual maneira, podían ser electores aquelas persoas que habitasen unha casa, para uso propio e da súa familia, cuxo aluguer anual debía ser de 2.500 reais, como mínimo, se estaba situada en Madrid; 1.500 reais, se radicaba en pobos de máis de 500 veciños; ou de 400 reais, nos demais casos. Por último, ampliábase o dereito ao votoImagen7.png ás persoas que acumulasen, xunto á renda procedente de bens propios, o que pagasen polo aluguer das terras que cultivasen de propiedade allea, computando o prezo do aluguer como equivalente á metade dunha renda de igual valor. Resumindo, podían ser electores os que xustificasen ingresar 500 reais de renda propia e pagasen 20 reais de aluguer.

Coa le lei electoral que foi de aplicación, os veciños do Concello de Muros con dereito a voto, resultaron ser un número moi pequeno (15 electores), aos que se engaden 9 máis comprendidos tamén no artigo 7º da Real convocatoria de 24 de maio de 1836.

Foron un total 22 os veciños varóns (todos maiores de vinte cinco anos), os chamados a votar, pero non por ser poucos deixaron de ter problemas entre eles pola súa participación nas eleccións.  Houbo reclamacións pola votación e a xustiza tivo que actuar.

O censo electoral de Muros estaba integrado polas seguintes persoas: (en parénteses as súas rendas anuais)

Nicolás Hermida, Santiago de Louro (151)

Juan da Bara,  ídem (186)

Félix Domínguez, ídem (184)

Florencio Mayo, San Xián de Torea (198)

Julián Formoso, ídem, (149)

Don José Romaní, Sta. María de Esteiro, (146)

Don José Portales, ídem, (246)

Don Cayetano Folla, ídem, (230)

Don Salvador Gelpi, ídem (230)

Don Venancio Portales, ídem, (230)

Don Félix Gallart, ídem, (220)

Isidro Formoso, San Juan de Serres, (141)

Don Jacobo Bermúdez, San Pedro de Muros, (590)

Don Francisco Dubert, ídem, (150)

Don Bartolomé Luces, ídem, (148)

Don José García, San Juan de Serres, capitán de la Garda Nacional

Don Jacobo Rama, ídem, ídem, capitán retirado.

Don Narciso Cruz, Santa Mariña de Esteiro, ídem.

Don Ramón de Lago, Santiago de Louro, ídem.

Don Miguel María Fuentes, S. Pedro de Muros, ídem.

Don Juan Eizaguirre, ídem, ídem

Don José Lestón y Vicario, ídem, ídem.

Don Manuel Costoya y Valladares id, avogado

Don José Sierra y Duque, ídem, ídem.

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s