NA CONSULTA DO URÓLOGO

p/ Marcelino García Lariño.

O señor Andrés das Mozas, que vivía no lugar de Arriba, tivo que ir á consulta do urólogo ó Hospital Clínico.

O señor Andrés dende neno foi criado, con moita educación, humilde si, pero cando lle tocaba falar sabía moi ben o que dicía e tamén era moi coñecedorImagen1.png dos seus dereitos.

Cando ó señor Andrés das Mozas (o das “mozas” non era porque el fora mullereiro, senón porque lle viña do defunto do seu bisavó que era o vinculeiro da casa das Mozas) chamárono polo altofalante, entrou na consulta onde lle fixeron as preguntas necesarias e os demais requilorios doados que se fan nestes casos.

Entón o especialista xefe do equipo, que acababa de ler o historial do señor Andrés, moi agarimoso díxolle:

–Señor Andrés, baixe o pantalón o póñase coa cabeza arrimada a esa cama que lle vou a explorar a próstata.

Moi guieiro coma sempre, o señor Andrés baixou as calzas de moi mala gana, pois xa deixamos claro que fora moi ben criado, e pórse así co cu ó aire diante de tanta xente, entre a que había varias mulleres, médicas e estudantes, non se lle deu nada ben. Ademais ese día era un luns, e a conversa que tiñan os médicos versaba en torno ó fútbol e as quinielas.

O doutor puxo as luvas, detalle que non veu o paciente, e meteulle o dedo polo ano que seguramente o señor Andrés coidou que era outra cousa. Por eso cando o especialista, sempre moi afectuoso, preguntoulle:

–¿Doe?

O señor Andrés, que aínda que moi humilde sabía tamén moi ben o que dicía, contestoulle:

–Doer, o que se di doer, non me doe nada. O que se di me doe, e moito, perdoe que llo diga, e que neste hospital haille moito vicio.

 

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s