7 cousas que podes facer con Facebook

p/ Nieves Formoso Vidal.

Facebook non é só o que ves no teu muro. A rede social de Mark Zuckerberg ofrece multitude de ferramentas para compartir contidos e estar en contacto con amigos ou coñecidos, pero moitas son descoñecidas para a maioría. Ou che sabes todos os seus intríngulis?

Na rede social queren que lle saques o máximo partido a todas esas funcionalidades e para iso elaboraron unha lista con algunhas das máis descoñecidas. Isto é todo o que podes facer con Facebook (e probablemente non sabías ata agora).

  1. GARDA O CONTIDO PARA LELO DESPOIS

Se non tes tempo de ler todo o que aparece no teu muro, ou se hai algún contido que che gusta especialmente e queres conservalo (por exemplo, o vídeoImagen7.png dunha receita ou as fotos dunha viaxe que compartiron un amigo), podes facelo e así acceder a ese contido nun futuro, sempre que che apeteza.

Só tes que facer clic na esquina superior de calquera contido que se publique en Facebook e darlle á opción Gardar. As publicacións que gardes, van a un cartafol privado na sección de Favoritos, á que só ti poderás acceder.

  1. ELIXE QUE QUERES VER PRIMEIRO NO MURO

Facebook está continuamente renovando as súas características para amoldarse aos gustos Imagen8.pnge preferencias da xente. Para axudarche a priorizar contidos e asegurarche de non perder as publicacións dos amigos que máis che interesan, podes elixir que páxinas e amigos gustaríache que aparecesen en primeiro lugar no teu muro.

Para iso, tes que entrar no perfil do teu amigo, darlle ao botón Seguindo (arriba á dereita) e elixir a opción Ver primeiro. Así, cada vez que entres a Facebook, atoparás primeiro as historias que foi compartindo no seu perfil desde a última vez que visitaches a rede social. Logo podes seguir deslizando para abaixo co rato para ver o resto de contido de forma normal.

  1. ASEGÚRACHE DE NON PERDERCHE NINGÚN EVENTO

Subscribirche ás páxinas dos teus músicos favoritos ouImagen9.png eventos relacionados coas túas bandas preferidas fará que non perderche nada do que ocorre preto da túa cidade. Facebook permíteche decatarche das últimas novidades a un só clic na sección de Eventos.

  1. XOGA CON MESSENGER

Podes xogar directamente a través de Messenger. Durante unha conversación cos teus amigos, terás a oportuImagen10nidade de acceder a divertidos xogos, entre eles baloncesto, fútbol e xadrez. O código para iniciar unha partida de xadrez sería @fbchess play. Basta con escribilo nun chat para que empezo o xogo.

  1. CONECTA EN DIRECTO COS teus AMIG@S

Podes aproveitar para compartir en directo cos teus amigos aquilo que esteas a vivir desde calquera lugar Imagen11.pngdo mundo desde o teu dispositivo móbil iOS ou Android. Pulsa o icona Vídeo en directo para compartir instantaneamente. Unha vez que finalice a retransmisión, permanecerá como unha publicación na túa biografía que podes ver de novo posteriormente.

  1. ENGADE UN VÍDEO COMO FOTO DE PERFIL

A túaImagen12.png foto de perfil pode ser un vídeo dun máximo de 7 segundos, que podes gravar co teu móbil ou coa app Boomerang.

  1. COMPARTE UNHA FOTO EN 360 GRAOS

Toma unha foto panorámica co Imagen13.pngteu teléfono e súbea a Facebook como calquera outra imaxe. Converterase nunha foto de 360 graos para que os teus amigos poidan explorar todos os detalles que queres mostrar.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s