p/ José Mª García Rodríguez
A muiñeira, teira que teira,
quixo bailar e caeulle a monteira,
a muiñeira, teira que tá,
vaise punteando de acó pra acolá.
Tanto Pepiña
axita o refaixo,
tanto Pepiña
arriba e abaixo,
que nos revolos
da saia de seda,
que nos revolos,
víronselle as pernas.
A muiñeira, teira que teira,
quixo bailar e caéulle a monteira.
Baila Pepiña,
cos ollos baixiños,
baila Pepiña
os nosos puntiños
O xastre Lisardo
de amor bermellece,
cando Pepiña
seus peitos remexe…
A muiñeira, teira que teira,
quixo bailar e caeulle a monteira.
O condenado do xastre
do Freixo
meteuse na roda
anda galloufeiro,
metéuse na roda,
aperta gaiteiro,
porque ise alfaiate
e moi rebuldeiro.
A muiñieira, teira que teira,
quixo bailar a caeulle a monteira.
¡Ai que demontre
de xastre famento,
ai que demontre
non perde o alento!
E con puntos novos,
de alá de Bealo,
a Pepiña faille
a roda do galo.
A muiñeira, teira que teira,
quixo bailar a caeulle a monteira.
¿Ulos están
os pais de Pepiña,
ulos están
que o mal se aviciña?
Virxe da Barca,
n-hái xente de ben,
que un recadiño
non lles dá ninguén.
A muiñeira, teira que teira,
quixo bailar e caeulle a monteira.
Inda non finda
ista muiñeira,
vaise Pepiña
co xastre a xesteira.
E o pai de Pepiña
bebeu moito viño,
roncando no leito
semella un porquiño…
A muiñeira, teira que teira,
quixo bailar e caeulle a monteira,
a Muiñeira. teira que tá,
vaise punteando de acó pra acolá.