Naufraxio do Cardenal Cisneros

p/ Manuel Lago Álvarez.

Na madrugada do 28 de outubro de 1905, o acorazado Cardenal Cisneros, naufragou en augas de Muros.  A acollida que os mais de 500 náufragos tiveron en Muros foi digna dos máis eloxios das autoridades.

En recoñecemento á tan meritorio proceder das xentes e autoridades de Muros, o Rei Alfonso XIII, por Real Decreto publicado na Gaceta deImagen3.png Madrid nº 282 de 9 de outubro de 1906 veu en confirmar os títulos de Moi Nobre e Moi Leal, que de moi antigo atesouraba a Vila, e concederlle o de Moi Humanitaria.

Nas mesmas datas, o Ministerio de Mariña en agradecemento polos servizos prestados aos náufragos do Cisneros, concedeulle a autoridades e veciños de Muros as seguintes condecoracións: Cruz de segunda clase do Mérito Naval con distintivo branco a Don Juan Louro, Alcalde de Muros; a de primeira crase da mesma orde e distintivo, ao Tenente de Alcalde Don Imagen1.pngAntonio del Sel, Cura párroco Don Jose Souto Iglesias, DonImagen2.png Ramón Siaba, Don Manuel Siaba e Don Ramón Medenilla.  Tamén concedeu a de prata do Mérito Naval aos patróns das embarcacións de pesca Don Pedro Méndez, Don Manuel Maceiras, Don Ricardo Caamaño Novoa e Don José Brea Porrúa.

Amais dos agradecementos e condecoracións o Concello veuse agraciado con unha seria de obras que desde tempo viña solicitando do Goberno, e que non foran atendidas.  Entre outras a destacar, a subasta das obras de abrigo no porto, con un importe de 274.487 pesetas (Gaceta nº 184, de 3 de xullo de 1907); aprobación do presuposto para obras de conservación do porto (febreiro de 1908), e outras.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s