O Xudeo da Tuteta

p/ Manuel Lago Álvarez.

Así se lle chamaba e se lle sigue chamando, pero a realidade de antes e de agora é que o tal xudeu non era xudeu; que era i é  un soldado romano;  un soldado acompañando ao Nazareno e que ia marcando coa súa trompeta o camiño do Calvario.  Trás deles, Simón de Cirene (o Cirineo) axudando a Cristo a levar a Cruz.

Imagen2.pngRemóntome como cincuenta anos atrás e fago memoria de que os rapaces daquel tempo tiñámo-la tomada co tal “Xudío da Tuteta”. No día de Xoves Santo o cerimonial era sempre o mesmo.  Con poucos cartos comprabámoslle a Señora Rosa da Virxe do Camiño,  a quen as persoas de idade chamaban cariñosamente “Rosiclé” e que por Semana Santa puña un postiño de lambetadas ao pé do muro da casa do Señor Pablo, xusto debaixo do reloxo de sol que aínda hoxe existe, e comprabámoslle un caramelo gordo que tiña apegado unha goma.  O primeiro: xogar o “yo-yo” co caramelo; logo chupalo, e por último aproveitar a goma para armala ¡¡¡.  Sí, armala en forma de tirabeques entre os dedos polgar e índice, e cando baixaban o paso dende a capela de San Roque para o adro, aí xa estaba a guerra feita, que tódolos rapaces, disimulando o que se podía porque había moitas persoas maiores por alí, (eu creo que se facían os despistados, lembrando como eles, tamén cando eran nenos facían o mesmo) e empezabamos a tirarlle ao xudeu tonas de laranxa que traiamos da casa.  Xa posta en marcha a procesión, o respeto era total.  Non se lle tiraba nada ao “xudeu”.

Hoxe xa non se fai. Non sei ben si porque os tempos son outros, ou ben porque aínda que a xente lle sigue chamando “o xudío da tuteta”, ben saben que non é un xudeu. E pregúntome eu: non as merecería igual fora xudeu ou romano?.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s