O corpo humano ten suficiente graxa como para facer 7 pastillas de xabón, ferro para facer un cravo pequeno, potasio para disparar un canón de xoguete, azucre para encher unha xerra pequena, azúfre para limpar un can de pulgas e cal para branquear un pequeno galiñeiro.
Antigamente, as familias numerosas elixían ao sétimo fillo para que cursase a carreira de medicina.
Durante a xestación, o feto humano produce máis de 250.000 neuronas por minuto.
Dos 4 millóns de enfermos de Parkinson que hai no mundo, case a metade –1,7 millóns– vive en China.
Os exipcios practicaban a circuncisión hai 5.000 anos: o anaco de prepucio escindido ao novo home enterrábase nas terras de labranza para obter mellores colleitas.
O 54,5% dos estadounidenses en bancarrota foi por gastos médicos, segundo a revista Health Affairs.
Un método anticonceptivo medieval recomendado polos médicos consistía en embadurnar con brea o pene antes do coito.
Quen dorme máis de 8 horas ou por baixo de 4 ao día viven menos que os que dormen entre 6 e 7, segundo unha investigación da Universidade de California en San Diego (EE UU).
A barba masculina contén de 7.000 a 25.000 pelos, a mesma cantidade de lanuxe que teñen as mulleres nas pernas e as axilas.
En séculos pasados, o ouro era receitado como medicina. A xente podente masticaba láminas de ouro e era engadido ás comidas en forma de po, coma se fose un condimento. Por exemplo, os alquimistas do rei francés Luís XII (1601-1643) facíanlle beber gran cantidade de ouro líquido para endereitar a súa maltreita saúde.
Un feto de 6 meses inxire a diario 4 litros de líquido amniótico, que ten un valor nutritivo equivalente a 100 gramos de leite.
A gripe tamén é coñecida como influenza en varios idiomas porque o papa Benedicto XIV cría que as epidemias se desataban pola influencia dos astros.
A primeira operación de cesárea moderna realizouna en 1500 un castrador de porcos suízo chamado Nufer Alespachin á súa propia muller, Elizabeth. Empregou unha técnica similar á que usaba coas porcas preñadas.
Na literatura médica cítase o caso dun estadounidense chamado Charles Osborne (1894-1991) que comezou a padecer un ataque de hipo en 1922 mentres mataba un porco e duroulle ata a data da súa morte, 71 anos despois. O pobre home emitía de 20 a 40 hipos por minuto.
Os nenos sorrín unha media de 200 veces ao día, mentres que os adultos fano 20. Durante a risa, os sons vocais, como ja ou ji, duran máis ou menos 75 milisegundos e sucédense cada 210 milisegundos.
O ollo das mulleres necesita un mínimo de 8 segundos para captar se un home atráelle ou non fisicamente. Estes últimos son máis rápidos: só precisan de 5 segundos.